lunes, 27 de diciembre de 2010

Pan e Circo



DRAG
pan s.m. 1. Alimento feito dunha masa de fariña, auga, sal e lévedo, que fermenta e coce ó forno e pode ter diversas formas. OBS. Pode facerse de trigo (tamén chamado pantrigo), de centeo ou de millo (só ou mesturado con outro cereal: pan de broa).

Tamén podemos engadir o pan de xamón. Como só vivín alá dous aniños, non tiven tempo de coller o acento nin tampouco de aprender a preparar este delicioso pan, mellor que nolo explique un venezolano:


DRAG
circo s.m. 1. Lugar onde os romanos realizaban espectáculos, con chanzos para os espectadores. 2. Recinto circular estable ou ambulante onde os artistas realizan diversos exercicios de ximnasia, acrobacia, doma de animais, espectáculos de pallasos, etc., para un público que está arredor do escenario.

E xa que estamos en festas, convídovos a unha sesión de espectáculo circense:

8 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Cando fales de pan, lémbrate sempre do pan de Antas. Macanudo, oes!! (Tamén excelencia culinaria na elaboración de empanadas)

E se un día montas un circo...conta con este pai-aso!!

Bicos trapecistas

Paz Zeltia dijo...

Teño unha irmá venezolana e nunca me falou dese pan [claro que tampouco falamos moitas veces]
e quedei pensando que te levou a xunguir o pan de xamón co Circo del Sol (por certo, sempre sorprendente e impresionante ese circo)

Son Unha Xoaniña dijo...

Ten moi boa pinta ise pan de Xamón, e que tal estaría con xamón serrano ou de bellota poñendo por caso?
jai que mirar a ver...

Harmonía dijo...

Chousa, eu pensaba que o mellor pan era o de Lalín e o de Cea... Vaaale, probaremos o de Antas logo, e despois valoraremos.

Zeltia, non sempre atoparás unha relación lóxica entre as miñas ligazóns; ás veces, xurden no momento de sacar o post, ou fago cambios imprevistos...
Nesta ocsión, en vez de deixarvos unha panxoliña (lóxico polas datas), "mandeivos" ao circo. Un ataque de rebeldía, quizais..., probablemente..., seguramente!!!

Xoaniña, inda que nos ingredientes da receita aparecía panceta, eu xa lle puxen xamón serrano. Co de bellota (ou landra), estaría exquisito! E con menos sal, que tamén se agradecería.

.com dijo...

Aura sólo che faltou poñernos aí a imaxe dun sillón para acomodarnos e saborear o pan navideño, -que pintaza!- namentras vemos o espectáculo do grande Circo do Sol. Douche un aplauso merecido.
Xa outro ano escoitaremos as panxoliñas.....
E se lles mandas a túa receita a "españa directo",eles tamén andan ás voltas cos menús navideños.
Saúdos.

Marga dijo...

Es pan y, sin embargo, se come como un pastel...
Quien haya osado triturar largamente entre sus dientes, con su lengua, con su paladar, el corazón del pan, se habrá sobresaltado al sentir el ardor jubiloso de lo viscoso. Ya no es pan, ni miga, ni pastel lo que masticamos.....

O circo xa é outra cousa.

Paz Zeltia dijo...

e ben que cho agradezo [que non puxeras a panxoliña]

:D

boas doce uvas mañá.
[seguiremos aí, co costume que arremuíña, ou que aílla,
coma poucos]

Aura dijo...

Gústanme as uvas, pero NON precisamente ás doce da noite e co estómago completo. Deixareinas para o almorzo, mellor para comenzar o día e o ano! Outro ataque de rebeldía? -pensarás. Seguramente.