A idade media da vida no chamado primeiro mundo vaise achegando aos cen anos [...]
O doutor Valentí Fuster, ese mestre cardiólogo que transmite saúde con palabras coma se descifrase tamén a gramática do corazón, fala coa sinxeleza dunha alternativa ideal para a saúde persoal e para o contorno: unha segunda existencia vivida en clave comunitaria. Ter unha vellez activa, non para seguir competindo por xerarquías ou posesións, senón comprometida con causas sociais. Poderíamos dicir con humor: despois da xubilación, a revolución.
A proposta de Fuster, compartida por tantos outros, ten un sentido práctico e moral. A solidariedade é un xeito, talvez a mellor, de autoaxuda. Converter en medio ambiente iso que os loitadores doutro tempo chamaban "axuda mutua". [...]
Dividir o mundo por idades, por xeracións, é unha visión moi superficial da humanidade. Pode ser útil para politólogos, sociólogos e, sobre todo, para expertos en mercadotecnia. Por iso é tan suxestiva, tan revolucionaria, esa proposta de voltear con sentimentos a pirámide de idade.
-Onde vas coa bici avó?
-Vou cambiar o mundo, rapaz.
Manuel Rivas. A corpo aberto.
Falando de lazos e tecidos interxeracionais, acordeime deste filme:
La bicicleta (ficha técnica)
La bicicleta (trailer)
4 comentarios:
ostiá deume un arreguizo lendo que ainda me dura!.
ver plasmado en palabras o que tantas veces pensei que sería un xeito marabilloso de aproveitar as experiencias e os coñecimentos das persoas maiores.
e os maiores -que non o son tanto con só 65, 70 anos, de feito quérennos ter traballando e cotizando- :-(
tamén encontrarían un xeito de empregar a súa "terceira edade" en algo satisfactorio, práctico, que da sentido á vida, e sobre todo que permite compartir, relacionarse, encariñarse e non afundirse no pozo oscuro da soedade.
[¿onde hai que ir cambiar o mundo?] :-)
Sin ánimo de cambiar o mundo, eu quería unha siesta enriba dese tecido. Ten pinta de aloumiñar ben unha boa soneca.
Bicos
Aura, paréceme interesante a proposta que nos achegas para reflexionar.Non sei si seremos capaces de cambiar o mundo pero contar ca colaboración dos membros de tódalas edades é necesario e saludable.
E ese tecido da imaxe,,,tamén debe ter ben anos!
Un saúdo.
Mellor que cen anos ( a min parecenme moitos !) eu pediría:
dúas de cincuenta...e sin xubilación !!
Bicos.O
Publicar un comentario