lunes, 22 de noviembre de 2010

Violeta

COSTA soster
repetir de cote
a teima de ser.
...
...
NON podo evitar o reproche.
Amo e por eso esixo a beleza.
Uxío Novoneyra.
Poemas da doada certeza.

6 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

Deume un arreguizo ao ver a floriña violeta. Están ligadas á miña infancia, eran das poucas flores que miña nai se podía permitir ter, porque non daban traballo: reprodúcense con facilidade, enguedéllanse nos roleiros, medran arrimadas ós muros, adornan a pobreza coa súa cor delicada.

.com dijo...

E aguanta os rigores do inverno! Delicada beleza.

Anónimo dijo...

Agardando quedou por ti Isa... son eses pequeniños detalles que ás veces nos fan tan felices!!!.O

Chousa da Alcandra dijo...

A esixencia de beleza cando se ama é unha pura redundancia.
(Tamén vas atentiña ás cores harmónicas eh? ;-)

Harmonía dijo...

Acertadas palabras escribides todos/as da "miña fermosa e delicada violeta" (un pouco descolorida). E Zeltia fai unha descrición ben detallada.
...Partindo do comentario de "O": Á miña avoa gustáballe ter sempre unhas floriñas sobre mesiña de noite. Cando remataba o outono, eu recurría ás violetas para preparar un xarronciño que lle alegrara o cuarto. Sempre intentaba atopar unhas ramiñas que tiveran, alomenos, unha floriña coma a da imaxe. A avoa Áurea, mirábaas pero non dicía nada; despois, miraba para min e sorría...
"pequeniños detalles que ás veces nos fan tan felices!!!"

Anónimo dijo...

Sorrisos de amor de Áurea a Aura,
un meu tamén, con moito cariño.O