martes, 16 de noviembre de 2010

Receita


En Vicia Faba anunciei que a próxima vez, cociñaría Aura. Para a receita, collín medio quilo de fabas brancas e deixeinas a remollo durante unha noite enteira. Pola mañá, día Todos os Santos, apareceron así de enrugadas.


Aquí temos a carne das vieiras a escurrir. Que fotoxénicas!

Poñemos as fabas a cocer nunha pota con abundante auga. Algunhas, resístense a baixar...


Mentres, preparamos o sofrito: aceite de oliva, cebola, allo e pemento verde e vermello. Danza de cores na tixola!

Xa se escoita un clo, clo... As fabas rompen a ferver.


Incorporamos o sofrito. Que alboroto dentro da pota!


Salteamos as vieiras en aceite e sazonamos cun chisco de loureiro e perexil. Comenza a ulir...


Engadimos tres ou catro culleradas de salsa de tomate previamente preparada. Máis cor e máis sabor!

Cando as fabas se poden pinchar, incorporamaos as vieiras salteadas e deixamos que coza uns cinco minutos máis. Poñemos unhas areíñas de sal, ao gusto. Engadimos unha presa de caracois de pasta para axudar a espesar. Deixamos media horiña de repouso e o xantar está listo!


Fabas con vieiras
Xa só nos falta unha culler...
E para a sobremesa:

10 comentarios:

Paz Zeltia dijo...

dioooosss, que son as duas e media da tarde!
i eu con esta famaza!

voume animar a facelas unha fin de semana, porque se me poño a cociñar mellor ter invitados para escoitar as loubanzas!.
;-)
[Xa te avisarei de como me saíron]

Espero que non sexa un prato dificil de dixerir, que ando delicadiña do estómago esta tempada.

Paz Zeltia dijo...

je, non vira a música.
(¿vai con retranca?)

Chousa da Alcandra dijo...

Entre o Arguiñano na tv tecendo na cociña con tan bo xeito e a tua fabada con vieiras quentiña (podo pillarlle a temperatura cos ollos!!!), coido que vou ir cear ipso facto!

Bicossss

Xosé dijo...

Fantástico, mimá!
Iso si: non diría eu que sexa algo tan doado de dixerir como para recomendarllo a estómagos en fase delicada, como o de Zeltia.

Anónimo dijo...

Xa está decidido, esa receita non se me escapa[ mándalo todo tan detalladiño, ummmm que rico ]
Comereino a túa saúde, Auri.
Bicos.O

.com dijo...

As imaxes do alboroto na pota e a das vieiras fotoxénicas ben merecían un poema!Rico rico debía estar ese prato. E a explicación ben detalllada paso a paso,
coma unha reporteira gastronómica...
Un saúdo

Paz Zeltia dijo...

di xosé que non lle parece poi dixestible.
[eu tamén o sospeito]
pero ainda así... ¡heino facer, e mellor cerca de silleda, que lle acai máis á paisaxe!

:D

Harmonía dijo...

Que ben que vos gustou a receita! É moi fácil de preparar e si que está rica.
Zeltia, será mellor que sigas o consello de Xosé e esperes a que o teu estómago estea restablecido, as fabas non son moi boas de dixerir...
Se o señor Arguiñano chegase a pasar por aquí (que non será o caso), seguramente diría: "a este plato le falta algo... ¿Una ramita de perejil?" Non si, Chousa?
Que vos divirtades cociñando; ti tamén, O.

Retranca, coa música??
Non! Para nada era a miña intención.
Só pretendía rematar o post cun tono divertido e festivo, como tamén ocorre ao final do primeiro acto da obra de Verdi.
Non sei se o conseguín...
Apertasssss

FERNANDO SANCHO dijo...

Xa me estar a abrir o apetito, jajaja.
Intentarei facelas, non sei eu!
Moitas grazas

Carmen dijo...

E podería eu que chego tarde, probar as fabiñas aínda que sexan un pouco requentes?A culler xa traio eu.
Moitas gracias pola receta, Isa!