viernes, 12 de noviembre de 2010

Destino

Destino?

O destino é o que baralla as cartas, pero nós somos os que xogamos.
William Shakespeare
Actúa en vez de suplicar. Sacrifícate sen esperanza de gloria nin recompensa!
Ludwig van Beethoven
A miúdo atopamos o noso destino polos camiños que tomamos para evitalo.
Jean de la Fontaine
Existe o destino, a fatalidade e o azar; o imprevisible e, por outro lado, o que xa está determinado. Entonces como hai azar e hai destino, filosofemos.
Séneca
O que pode cambiar o seu pensamento pode cambiar o seu destino.
Stephen Crane
A falta de certezas, o único que nos queda para guiarnos é o instinto.
Jonathan Cainer

13 comentarios:

Anónimo dijo...

A mi manera é fantástica, sempre un pracer escoitala. Pero nesta tarde chuviñenda e lendo o teu post, lembrei aquela de Serrat:
Es caprichoso el azar....
Graciñas Aura por enredarnos tan ben. Máis bicos. O

Harmonía dijo...

Grazas pola aportación, O. Preciosa canción!! Agora mesmo a subo á entrada, como non!

Bicos (á noitiña)

neves dijo...

O que imos tecendo...

A imaxe, pois non me deixa boas sensacións.

Moito preparas!

Chousa da Alcandra dijo...

Será o outono o que vos pon tan philosóficas?
Vai ser que si.

Bicos destinados

Harmonía dijo...

Máis ben é por enredar... como di O; vai ser que si:-))

A próxima imaxe traerá máis agradables sensacións, intentareino;))

Anónimo dijo...

Mon Dieu !!
Un petó (un bico catalán). O

neves dijo...

Esta serie, entre "Apego" e "Destino", levoume agora ata aquela Violeta Parra e o seu "Volver a los 17".
Felices soños!!

anonimo.com dijo...

"El futuro pertenece a quien cree en la belleza de sus sueños."
Eleanor Roosevelt

Paz Zeltia dijo...

Hoxe vai de citas
:)

Antes de dicir con cal delas me identifico e con cal non... iamos ter que chegar a un acordo sobre o significado de
destino,
fatalidade
azar
e baduar moito sobre o imprevisible
e, mais ca nada, sobre o que xa está determinado

asuntos todos eles sobre os que me gusta falar e incluso, ainda que pareza mentira, escoitar.

hoxe as dúas cancións, para non esquecer, never.

Harmonía dijo...

Tamén icorporo a canción que Neves menciona, por que non?

anonimo.com dijo...

Unha canción máis!Vas continuar incorporando músicas?Podo mandarche outra proposta para seguir recordando...
Saúdos

Harmonía dijo...

E dicir que este post, en principio, ía saír sen link musical...

Chousa da Alcandra dijo...

Cousas do destino...