miércoles, 10 de noviembre de 2010

Apego


Apego, amor ou dependencia???

...
O que define o apego non é tanto o desexo como a incapacidade de renunciar a el.
...
Podería dicirse que detrás de todo apego hai medo.
...
O desexo move o mundo e a dependencia frénao.
...
Equivocadamente, entendemos o desapego como dureza de corazón, indiferencia ou insensibilidade, e non é así.
...
Non podemos vivir sen afecto, ninguén pode facelo pero si podemos amar sen esclavizarnos.
...
O desapego non é máis ca unha elección que di a gritos: o amor é ausencia de medo.
...
Os "activo-dependentes" poden volverse celosos e hipervixiantes, ter ataques de ira, desenrolar patróns obsesivos de comportamento, agredir físicamente ou chamar a atención de maneira inadecuada.
...
O apego enferma, castra, incapacita, elimina criterios, degrada e somete, deprime, xera estrés, asusta, cansa, desgasta e, finalmente, acaba con todo residuo de humanidade posible.
...
A inmadurez emocional: o esquema central de todo apego.
...
Walter Riso. ¿Amar o depender?

8 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Emocionalmente non sei se estou maduro ou verde; pero recoñézome sumamente dependente de moitas mais cousas das que desexaría.
(Exercicio de sinceridade número 1.)

Bicos pegados

neves dijo...

Positivo e negativo, aínda que o esencial está no suxeito ou obxecto deste sentir.
E outra fotiño delicada!

Paz Zeltia dijo...

Dis que o amor é ausencia de medo,

pero se falamos de relacións, cando a relación "vai mal" ou peligra, todos sentimos medo de perder iso que a relación con esa persoa "especial" nos aporta,

medo ao baleiro que queda no seu lugar,

ansiedade debida á inseguridade por non saber se a vida posterior será algo que pague a pena...

así que sentirse vulnerábel nesa situación paréceme algo do máis normal.

Outra cousa distinta é ese parágrafo que cito:
"os activos dependentes poden volverse celosos e hipervixiantes, ter ataques de ira, desenrolar patróns obsesivos de composrtamento, agredir fisicamente"...
chegados a eses niveis, o "problema" é unha enfermedade,
que seguramente ten outras manifestacións tamén noutros ámbitos da vida e que,
dificilmente,
se solucionarán con un libro de autoaxuda ¿non si?

supoño que hai personalidades máis adictivas ca outras,
mais cando esa dependencia obedece a unha maneira de concebir a relación inadecuada,
inmadura,
influenciada polo entorno e culturalmente,
aí sí que me parece unha cuestión de educarnos a nós mesmos...

¡vaia speech !!!

eu que lle vou facer, miña filla, adoptei o método de "ensaio-error"
:D
e ata o de agora só levo erros
;-)
xa debo estar perto de atopar a formula!

Harmonía dijo...

Vaia speech, si!! Agora posmo difícil para responder...
Cando pensei no título e, polo tanto, no tema deste post, referíame a apegos/adiccións en xeral. As frases tomadas da obra de W.Riso pódennos levar a distintas reflexións dependendo da experiencia vivida por cada un, supoño.
Do que si estou convencida, é de que o medo SEMPRE paraliza.
Din que sen erro non hai aprendizaxe... Sorte, Zeltia!

Paz Zeltia dijo...

o medo paraliza... ou faite botar a correr sin mirar cara a onde se entras en pánico, jajaja

anonimo.com dijo...

"El obstáculo más grande, el miedo."
Madre Teresa de Calcuta.

Anónimo dijo...

Pois eu voume deixar de tanto psicanálise e de tentar saber quen ten máis ou menos razón.
A min o que me gusta é a foto... e nela vexo un poste [ ou columna ]
todo fachendoso e orgulloso da súa hedriña, como se apega umnnn... non é maravilloso??
Porque prescindir de ese apego, si os dous están dichosos??
Bicos . O

Harmonía dijo...

Fermosa reflexión, O.