Ía moita calor e non había sitio onde deixar o coche á sombra. En canto rematei de sacar as fotos que ía buscando, marchei. Mentres tanto, a temperatura fora subindo e costaba aguantar dentro do vehículo. Probei a baixar as ventaíñas pero o aire que entraba era inda máis quente e o acondicionado sopórtoo mal. Non quedaba máis remedio que parar. Tan pronto como atopei un lugar á sombra, aparquei e saín fóra coa idea de esperar a que a temperatura do interior descendese un pouco. Mentres tanto, para entreterme, decidín dar unha voltiña polos arredores. Como tiña a cámara á man, aproveitei e comencei a coller imaxes polo lugar e a axexar a través dos ocos das portas que o paso do tempo fora abrindo, sen ningún obxectivo ou finalidade concretos. Iso ocorreu a comenzos do pasado mes de xullo e este foi o resultado.
Algunha das imaxes amosoume sorpresas que non fun quen de entender, como é o caso: un anaquiño de pan colocado, con todo coidado, no chamador da porta dunha casa aparentemente deshabitada; non lle toquei pero parecía fresco, os paxaros non o terían deixado alí moito tempo. Aquel recanto era un lugar de paso, situado ao lado do tramo dunha curva, onde non creo que moita xente se decidise a parar. Mentres tanto, eu sigo dándolle voltas...
estes portais grandes que se abrían de par en par para a saída do carro cos bois ou as vacas;estes postais esluídos, coa madeira apodrecida, os chamadores enferruxados;estes portais que gardan case sempre casas deshabitadas, memoria de pedras gastadas, de vidas idas;moito me atraen eses portais: hai un misterio que os envolve;fadas pousando nos tempos coma campaíñas son as nosas miradas.
esa foto onde están os dous portais [un é vermello aínda, o outro, foino] fíxome ir a 1915 e imaxinar que bonitos dirían os dous portais vermellos, xuntos.
Sólo mientras tanto
Vuelves, día de siempre,
rompiendo el aire justamente donde
el aire había crecido como muros.
Pero nos iluminas brutalmente
y en la sencilla náusea de tu claridad
sabemos cuándo se nos caerán los ojos,
el corazón, la piel de los recuerdos.
Claro, mientras tanto
hay oraciones, hay pétalos, hay ríos,
hay la ternura como un viento húmedo.
Sólo mientras tanto.
Mario Benedetti
13 comentarios:
Que historia máis curiosa e bonita, Aura.... ás veces, as cousiñas pequenas tamén nos fan cavilar, moito . E cando son fermosas (que distinto sería atopalo tiradiño no chan )coma esa fotiño do pan, quédannos na cabeza e dámoslle mil voltas. Ti ademáis captúralas, amosalas e ederézalas ternamente !!!!! Bicos. O
Tanta calor daquela!
Se a través doutro teu portal a miña mente foi ata a túa aldea, desta volta lévasme por DonRamiro e ata Alfonsín, camiño da casa. Quedou así o recordo; habería que axexar por algunha pechadura, pero "mentres tanto"...
Ti si que interpretas con tenrura, O.
Alfonsín? Pode que acertases, Neves!!! (Non recordaba que aquel lugar se chamaba así).
Bicos.
Poñer o pan no chamador da portada non será un xeito de chamar á abundancia?. Seguro que foi cousa de nenos, pero mentres tanto o investigamos...podería ser unha razón.
Mentres tanto...bicos!
Atrapoume a fotiño do anaquiño de pan... Creo que estaba posto alí para que ti o probaras.
estes portais grandes que se abrían de par en par para a saída do carro cos bois ou as vacas;
estes postais esluídos, coa madeira apodrecida, os chamadores enferruxados;
estes portais que gardan case sempre casas deshabitadas, memoria de pedras gastadas, de vidas idas;
moito me atraen eses portais: hai un misterio que os envolve;
fadas pousando nos tempos coma campaíñas son as nosas miradas.
esa foto onde están os dous portais [un é vermello aínda, o outro, foino] fíxome ir a 1915 e imaxinar que bonitos dirían os dous portais vermellos, xuntos.
bonita tanda de fotos!.
hai xa un tempiño que veño ver os teus posteos, e dei unha volta polo blog; cheguei aquí dende o de Falabarato, que te ten enlazada. Gústame o teu estilo sinxelo, a delicadeza, a elegancia que tes diciendo as cousas coas que envolves as fotografías.
Hoxe decidínme a dicir algo, primeiro porque me sentía algo cotilla vindo a ler, sin dicir nada e
segundo porque se non falo estouro!
Feita a presentación, só me queda darche parabéns polo blog
Ás veces dime Aura [e que me perdoe por traelo aquí] que o que ela fai no blogue é moi pouco interesante comparado co que fan outros [e blablabla...]. Eu intento quitarllo da cabeza dicíndolle que o Harmonía é un dos meus escasos lugares de paso... e que por algo será, non?
Despois de ler o comentario que onte lle puxo Zeltia, non podo facer outra cousa que subscribilo ao 100%.
Bicos.
Acabo de subir á entrada as palabras dos dous primeiros parágrafos do comentario de Zeltia. Considero que é alí onde deben aparecer, no medio dos dous portais que tanto nos atraen e nos suxiren. Que interesantes reflexións e que entrañable adicatoria!
Grazas, Zeltia, polas túas palabras; case consigues que me ruborice cos teus esaxerados halagos. Alégrame que che guste o xeito que Harmonía ten de "envolver as fotografías", é xusto iso e só iso o que intenta facer.
Confeso que eu tamén hai tempo que coñezo e visito o teu espazo "Fálasme a min?", ao que cheguei, por casualidade (como case sempre ocurre),a través de Chousa da Alcandra.
Benvida a Harmonía!
Non sei... dáme a impresión de que Falabarato se puxo de acordo con Zeltia, moi compenetrados vos vexo!!
Grazasssss aos dous.
Xosé, a min tamén me chamou á atención a imaxe do portal co anaquiño de pan no chamador; o que non se me ocurreu foi tocalo, e menos probalo, sería un sacrilexio!
Seguramente, como apunta Chousa, foi cousa de nenos; algún raparigo que primeiro zampou o chocolate e despois deixou o panciño; polo menos non o tirou ao chan. Podería ser, non?
Apertas virtuais:))
Mientras las ondas de la luz al beso palpiten encendidas......¡Habrá poesía!
G.A.Bécquer.
Mentres, entre mentres, mentres tanto...
A respecto da hipótese do pan con chiculate, permitide unha pregunta: aínda comen pan con chiculate os nenos e as nenas de agora?
Dá gusto ter un tempo libre para fotografar mentres tanto.
Mui boas fotos.
halaaaa
que ilusión ver as miñas palabras no post!
grazas!
:)
Publicar un comentario