"[...] entendida como a capacidade do ser humano para facer frente ás adversidades da vida, superalas e ser transformado positivamente por elas" (Edith Grotberg, 1998). Máis…
Remexendo entre libros, apuntes e outros materiais para intentar ordenalos, atopei un DVD que tamén estaba pendente de gardar. Quizais o deixara aí coa idea de velo de novo; é algo que acostumo a facer, repetir as películas que me gustan.
Cando vin o filme por primeira vez, quedei sorprendida pola intensidade dos papeis que interpretan as dúas mulleres protagonistas. Juliette, pola súa fortaleza e capacidade de superación. Léa, pola súa capacidade de comprensión e xenerosidade. As dúas nos enseñan a perdoar e amar sen condicións, sen límites. As dúas nos enseñan a medrar para sermos máis libres. Se aínda non a viches, aquí queda un avance.
Hace mucho que te quiero (tráiler español)
Jean Louis Aubert - Dis quand reviendras-tu (da banda sonora)
Jean Louis Aubert - Dis quand reviendras-tu (da banda sonora)
3 comentarios:
Moi boa película e marabillosa, again, a interpretación de Kristin Scott Thomas.
Resilencia? Que palabros sabes, Aura!
Resiliencia?! oxalá, non fixera falta...
Grazas pola peli Aura,non a coñecía. Bicos,O.
É ben certo que a capacidade para superar adversidades so pode coñecerse pola irrupción desas circunstancias adversas. Con todo, eu quero ser resilente sen ter que demostralo (e que son algo perguiceiro...)
Bicos cavilados
Publicar un comentario