Xuntanzas, encontros ou meetings.
Oye, por qué no miráis las hormigas...? Eduardo Punset.
Non sei se as ovellas pensan. Pero as ovellas das imaxes, naquela tarde na que ía tanta calor, decidiron xuntarse e agruparse para buscar o fresco á sombra das súas cabezas. E non vexo que haxa ningunha capitana dirixíndoas. Nin falta que lles fai!
Cando os animais rin
Nunha das súas marabillosas incursións, abrindo carreiros entre a zooloxía e a antropoloxía, Lévi-Strauss deixou dito que “os animais son bos para pensar”. Sabemos aínda pouco sobre cómo e o que pensan os animais. Por suposto hai xente, moi racionalista pero estreita de imaxinación, que rexeita a simple idea de atribuír “pensamento” aos animais, coma se esa posibilidade fixese cambalear toda a xerarquía da creación. Estou convencido de que estas persoas tan cartesianas cambiarían de opinión de teren, por exemplo, a fortuna de coñecer a Cotobelo, un canciño da miña familia […]
Manuel Rivas. A corpo aberto.
9 comentarios:
Atopáchelas como para poñer agora tal publicidade...
Tamén somos atentos animais!
E logo o de "meeetings" virá polo de xuntarse as obeeeeellas?
Eu creo que sei de que vai o de "meetings", pero que o explique Aura se queeeeere... e se se atreeeeeeve...
Non lembro como cheguei a este blog, sei que desde hai varios días está aberto no meu navegador pendente de deixar un comentario que xa non lembro cal era, síntoo.
Comezo a lelo e engaiólame, ademais doutros contidos, é esteticamente unha marabilla. Encántame a fotografía e atopei aquí un recuncho ao que hei volver seguro.
Saúdos e parabéns.
E ademais, un enlace ao meu blog!
É tarde, debería estar durmindo, será un soño?
Fago miñas as palabras da Profa.
Os meus parabéns.
Elas non esquecen que vivimos en terra de lobos, son tranquilas, pero sempre anda algunha
-ollo o visor-.
Saúdos.O
Aura di que é fan de Punset, que lle gusta mirar ás formigas, ás abellas, aos paxaros... Pode que os animais non pensen pero actúan polo instinto; se cadra, se nós nos deixásemos guiar un pouco máis pola intuición e o sentido común, os nosos "meetings" serían máis produtivos e evitaríanse moitas discusións absurdas.
Descubrín A Profa, tamén por casualidade, alá polo 2008. A comezos deste curso, incluso llo recomndei a Alba (unha rapaza de 4º de ESO) como recurso de webgrafía
para realizar un traballo sobre as vangardas; teño entendido que o enlace resultou unha boa aportación. Benvida ao espazo de Harmonía.
A reflexión de O, faime pensar...
Parece que hai máis anos que fixen esa unidade, alégrome de que aínda lle poida resultar útil a alguén. Saúdos.
Publicar un comentario