O vídeo Galegando Lipdub realizado hai dúas semanas no IES Pintor Colmeiro (Silleda) en prol da lingua galega e no que participou unha boa parte do alumnado, dun xeito ameno e divertido, tivo unha gran acollida e xa leva case 4.500 reproducións rexistradas. Acaba de ser seleccionado para participar no II Festival Audiovisual Galego-OlloBoi que organiza o IES Leliadoura (Ribeira). Hai varios premios, entre eles un que se outorga por votación a través de internet.
Se che apetece apoiar co teu voto o Galegando Lipdub do EtiColmeiro, podes consultar a seguinte ligazón: www.rodaxe.info
Se che apetece apoiar co teu voto o Galegando Lipdub do EtiColmeiro, podes consultar a seguinte ligazón: www.rodaxe.info
6 comentarios:
Grazas, Aura, por darlle difusión a este invento.
Claro que me apetece.
Alí vou!
Algo me di que podemos levar unha alegría nese certame... Xa vos contarei.
Un voto máis pra o Galegando.
Sorte! Saúdos.
Un voto para o galegando lipdub de Silleda.
Unha aperta para ti.
Eu tamén me sumo ó apoio.
Publicar un comentario