miércoles, 26 de mayo de 2010

Ézaro II



Estas imaxes son do "outro Ézaro". Non digo que non fose necesario construír a presa, pero creo que poderían intentar integrar a construcción da planta hidroeléctrica, as torres de alta tensión e o cableado que baixa dende a cima do monte ata o pobo e, ao mesmo tempo, respectar a paisaxe natural.
A min pareceume unha invasión inxustificada. Penso que as imaxes dan idea da agresión á natureza do lugar. Pode que estea esaxerando, pero estas tomas impactáronme.
Por se fose pouco, o Río Xallas era o único de Europa que desembocaba en fervenza. Este espectáculo, agora, só se pode desfrutar nas fins de semana cando abren as comportas.

3 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

As marañas de fíos fan perder a visión do nobelo e da ben calcetada natureza. Xa se sabe que onde metemos a man os humáns con fins mercantís, non sempre queda o que se di un "brocado" ben feito...Somos así

Xosé dijo...

Non cheguei a ver o Ézaro antes da desfeita, pero cada vez que paso por alí dóenme as actuacións que se levaron a cabo. Que mágoa! Que país!

neves dijo...

Si que temos moito disto.-