Agromando palabras…
Fala a tarde baixiño
i o corazón sínteo…
Fala a tarde baixiño
i o corazón sínteo…
Terra moura das montañas!
Boa terra que dás auga
e teis auga nas entrañas!
Boa terra que dás auga
e teis auga nas entrañas!
Anda o vento ceibe polos eidos
con tódalas áas soltas
empreña os castiñeiros
ripa as lousas dos teitos
i escachafoula nas portas…
con tódalas áas soltas
empreña os castiñeiros
ripa as lousas dos teitos
i escachafoula nas portas…
Tronou ventou e choveo.
Bicouse a terra co ceo.
A noite que onte caíu
sólo foi pre quen’a oíu.
Ameteo o río. Ameteron as fontes
i os fontegallos dos montes.
Naz’a auga a golforón.
Regan os prados a cachón.
Bicouse a terra co ceo.
A noite que onte caíu
sólo foi pre quen’a oíu.
Ameteo o río. Ameteron as fontes
i os fontegallos dos montes.
Naz’a auga a golforón.
Regan os prados a cachón.
No bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo.
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo.
Canta a fontiña
canta a fontela
i anque a canción é dela
ten unha cousa miña
pola que podo entendela.
Uxío Novoneyra. Os Eidos.
Poema de Uxío Novoneyra
canta a fontela
i anque a canción é dela
ten unha cousa miña
pola que podo entendela.
Uxío Novoneyra. Os Eidos.
Poema de Uxío Novoneyra
6 comentarios:
O día de hoxe, 17 de maio, préstase a palabras grandilocuentes. Eu prefiro outras:
http://www.vimeo.com/11799153
Ben!!! Acabo de ver o vídeo. E agora entendo o teu argumento: non serán palabras grandilocuentes, non; pero son palabras que saen de dentro, que saen do corazón. Os alumnos e alumnas exprésanse en galego porque así o senten, porque así o queren, porque é a súa lingua, cómpre algo máis?
Moitos deles foron alumnos/as meus, que alegría me levei ao escoitalos falar deste xeito!
Unha apertiña no día das Nosas Letras.
Así tamén agroman Letras.
Que contraste, mirando este ceo!
Aínda que hoxe non subamos ao Courel:BO DÍA.-
Bo día por Narón, Neves.
Apertiñas dende Lalín.
Que o galego siga agromando coa vigorosidade desa figueira depende de rapaces coma os de Silleda, de Antas, de Melide, de Chantada ou dos Ancares.
Vese que eles falan con nidia claridade. O mérito é seu, pero algo teredes que ver os que con eles compartides o ensino.
Apertas de Antas no día das Letras
Eu tamén me sumo ás palabras sinxelas de amor e respecto pola lingua.
Moitos bicos.
Publicar un comentario