A horta dunha casiña de planta baixa.Hai árbores, un pozo, un galiñeiro e a caseta dun can.O can chámase Paulino. A galiña que habita no galiñeiro entende por Petra. Diante da casa, ó pé da porta color vermella de dúas follas e debaixo dunha fiestra, hai un mazadoiro de pedra. As fiestras son amarelas. Nunha árbore vense, dependuradas, cinco laranxas enormes. As laranxas máis grandes do mundo. A árbore está dentro da horta, pero tan pegada ó muro, que unha laranxa pende sobre o camiño que pasa por alí.É un día de sol, cheo de luz. Chouta a vida en cada color.
Carlos Casares. As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas.
6 comentarios:
Tamén trouxeches da beira do mar estas laranxiñas?
Quen tivera unha laranxeira na horta!
Bicos
Foi ver as fotos e darme o antoxo de comer unhas mandariniñas. Vou pitando, e de paso verei se miña nai fixo as orellas que andaba a amasar.
Verdes e laranxa, que ben queda!
Recollín onte dúas no chan -aínda sen a súa COR- por tan forte vento.
Saúdote.
Mira ti que boa maridaxe fan a laranxa e o limón. Quen o diría!!!
(Bo facer o de Mutenrohi+Eva)
...entón ela regaloulle o seu nome
o tacto da formiga das cousas pequenas
e o idioma secreto que sabe o silencio
entón el regaloulle o seu cofre
a luz inmensa das laranxas todas
e a memoria de cada viaxe...
Carlos Negro
Saúdos. O
Coma Neves, ela si que ten unha laranxeira na súa horta, que sorte! Pode desfrutar das súas cores, dos seus aromas e tamén saborealas.
Acertaches, Bea, as fotos das laranxas tróuxenas da miña añorada Pontevedra. Alí non caen noites de xeada coma no interior.
Orellas, uhmmm... Que boa merenda, Falabarato.
Que ben que che guste a canción que escollín, Chousa.
Fermosos versos, O, moi fermosos...Grazas.
Saúdos
Publicar un comentario