Val de Quirós (Asturias)
Esta foto enviouma unha amiga miña o inverno pasado. Grazas, Marisa. O ceo despexado, a luz intensa e o suave e impecable manto branco. O tempo parouse, está durmindo. Paréceme unha boa paisaxe para comenzar o novo camiño. Déixoche (déixovos) a imaxe como agasallo de Aninovo. Esperta!
4 comentarios:
Resulta moi interesante ver como ofreces este presente coa imaxe do pasado ano para desexar(nos) un futuro ledo...
Bo camiñar tamén para ti neste 2010 no que empeza a acción.
Os vieiros a facer non son doados: móvennos os motivos!
Un manto de azucre, montañas de azucre, nubes de azucre...Moita dozura nos agasallas, amiguiña.Grazas.
Espertar?Non nos queda máis remedio que xa ti te encargaches de poñer os reloxios en marcha.
Encántame a canción.
Que non nos falten motivos para andar os vieros desta nova etapa.
Apertas de Aninovo.
Publicar un comentario