Esta vez, a ventá dá ao noso Atlántico, e non tan calmo. As imaxes, ao mencer, uns meses atrás.
Ás veces, as fotos que sacas sen pensar, de xeito espontáneo, son as que teñen máis sentido e máis forza. Neste caso, foi subir a persiana, correr as cortinas, mirar cara fóra, coller a cámara e flash! Un cadro espectacular da natureza. A verdade é que, habitualmente, gústanme ben máis os cadros que vexo a través das fiestras que os que permanecen colgados nas paredes.
5 comentarios:
Aura, tódalas fotos son bonitas, pero a primeira é sobrecolledora. Cantas cousas evoca. Cantísimo me gusta! Bicos
Pois mira que dubidei á hora de subila, parecíame que sobraba. Que ben che guste!
Unha aperta
Cando non sobra:
-Será de novo a ventá a aquel tranquilo Adriático.
Certamente a primeira imaxe é moi intensa. O biselado dos cristais apórtalle incluso vitalidade. Gústame tamén.
Esta vez, a ventá dá ao noso Atlántico, e non tan calmo. As imaxes, ao mencer, uns meses atrás.
Ás veces, as fotos que sacas sen pensar, de xeito espontáneo, son as que teñen máis sentido e máis forza. Neste caso, foi subir a persiana, correr as cortinas, mirar cara fóra, coller a cámara e flash! Un cadro espectacular da natureza. A verdade é que, habitualmente, gústanme ben máis os cadros que vexo a través das fiestras que os que permanecen colgados nas paredes.
Grazas polas vosas visitas e as vosas palabras.
Publicar un comentario