Hoxe parece día de Santa Inés,
pois só chove unha vez…
pois só chove unha vez…
Nos días de choiva e vento, coma hoxe, mellor quedar na casiña e desfrutar das vistas desde a ventá.
La lluvia
Bruscamente la tarde se ha aclarado
porque ya cae la lluvia minuciosa.
cae o cayó. La lluvia es una cosa
que sin duda sucede en el pasado.
Quien la oye caer ha recobrado
el tiempo en que la suerte venturosa
le reveló una flor llamada rosa
y el curioso color del colorado.
Esta lluvia que ciega los cristales
alegrará en perdidos arrabales
las negras uvas de una parra en cierto
patio que ya no existe. La mojada
tarde me trae la voz, la voz deseada,
de mi padre que vuelve y que no ha muerto.
Jorge Luis Borges
8 comentarios:
Ai, ai! Como nos invade a melancolía nas tardes de chuvia...!
Un bico, Aura.
As túas imaxes, Isa, lembráronme estes versos:
......
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
.......
Rosalía de Castro.Cantares Galegos.
Bicos
A humidade é a idea máis redundante da fecundidade. En cada senso que se pense...
Harmonía, Aura, Isa...
Bicos dende a Chousa
Nunca oíra o dito de santa Inés.
Bonitas as fotos nun día tan chuviñoso.
saúdos
Chuvia, humidade e descanso, que nos traerán unha marabillosa primaveira.
Fermosas vistas desde a túa ventá e paréceme que inda podías alargar o brazo e pillar algún figo desa figueira sen molllarte ¡Que tentación!Tiveches sorte que os paxariños che deixaron uns cantos.
Acudir á melancolía e aos recordos, en pequenas doses e de vez en cando, tamén presta.
Grazas, Carmen, por lembrarnos a Rosalía; este foi o primeiro poema, en galego, que eu aprendín alá polos once ou doce anos. Vou intentar poñerlle música...
Ás veces, queixámonos da choiva e da humidade, mais son necesarias; e tamén nos regalan imaxes bonitas coma estas.
Os paxariños foron xenerosos e deixaron a proba, as brevas de outono están boísimas!
Este dito popular, sempre o dicía miña avoa Aurea, cando chovía todo o día sen parar.
Bicos virtuais.
Tantos bicos coma couchelos.
E... bene il viaggio!
Continúa chovendo...
E ti onde andas?
Publicar un comentario