domingo, 29 de noviembre de 2009

En Bari


Entre actividade e actividade,
una passeggiata a Bari.
Despois do xantar.
Á noitiña, na entrada do burgo antigo.


Pola mañá, no peirao. Que ben ole o peixe fresco!




Comezamos a visita polo burgo antigo.






As hedras, sempre verdes.



Camiñamos despacio, mentres desfrutamos dos ocres e grises, as cores do outono.



Xa caeron as follas.


Basílica di San Nicola



Artesanía, para deterse...





Adentrámonos na zona antiga da cidade de Bari.




De moda...







Creo que o feito de que o ceo estivese nubrado e a falta de luz, fixo que me centrase máis nas vivas cores das verduras, hortalizas e froitas dos diversos postos que ía atopando polas rúas.


As froitas de mazapán, típicos doces elaborados con moita améndoa. Saborosos. Inda que, para o meu gusto, con demasiado azucre!


Un recuncho con encanto.





A tranquilidade e amabilidade dos transeúntes.
Saborosas hortalizas en conserva.


Aceitunas secas, apetitosas.
Castello Svevo di Bari


A vida nos barrios, a realidade, o máis auténtico...

O Teatro Petruzzelli, outra realidade ben distinta, para soñar...





Chega a hora de descansar.


O último día pola mañá, un cafeíño (cappuccino molto caldo), para espertar e rematar a xornada. Mentres, miraba pola ventá: continuaba o gris azulado no ceo e no mar.


7 comentarios:

Alex Ghalpon dijo...

Parece que prestou a viaxe! Traes moita luz e moitas cores, por moito que as nubes acompañaran o teu camiñar. Benvida!

neves dijo...

Longa entrada,
longa viaxe.-

Lindo,
lindo
e lindo!

Carmen dijo...

A passeggiata foi ben aproveitada. Trouxéchesnos de todo!As cousiñas maís sencillas e ata o luxoso teatro, a música...Moito tempo non terías pero nótase que por esas rúas camiñaches ó xeito e a gusto.Un capuchino como dulce despedida está moi ben.
Grazas, Isa.

Bea dijo...

Unha reportaxe extensa extensa. Falta un prato de pasta a la italiana, por poñerche algunha pega.
Vou tomar ese cafeíño antes de que enfríe ou veña outro visitante e o probe.Ummmmm... riquísimo!

Bicos.

Chousa da Alcandra dijo...

Impresionoume o "rincón con encanto" e detívenme (cotilla) na cama aberta e a silla coa chaqueta reposando...

Anónimo dijo...

Efectivamente, moitos recantos con encanto, moitas imaxes entrañables...e ese cafeciño...

GRAZAS

Harmonía dijo...

Recoñezo que a entrada é demasiado longa, demasiado extensa, podédesme reñir que tedes razón...
Intentei amosarvos as miñas miradas aos recantos que máis me cautivaron daquel lugar. Insisto en que botei moito de menos a luz, todo cambia según a luz. Tamén pretendín que a reportaxe resultase entrañable, como dicides.