Seguimos camiñando río arriba polas ribeiras do Deza, esculpidas polo curso da corrente. Chamaba a atención a intensidade das cores verdes, a luz profunda que se filtraba por entre as pólas das árbores cara o mediodía, a transparencia das límpidas augas que deixaban ver o leito do río formado por auténticos mosaicos de croios, e a tranquilidade que se respiraba… Só interrumpida polo canto dos paxariños e o son da auga ao saltar polas presas. Un espectáculo da natureza.
Palabras de Amor Para Mi Esposo
Hace 5 años
3 comentarios:
"UAU" fotógrafa!!!
Marabillosas, e destaco aínda máis a do acivro, o ceíño salpicado de verdes pingas e os pelouros. Mua.-
Non nos estarás enganando? Moitas fotos para unha visita solamente...Sigues traendo imaxes preciosas,temos que ir alá.
Saúdos
Uffff. Dosifícanos, por favor!!!.
(Ten en conta que as sobredoses...poden acabar co "cliente" e tamén co "camello". Ainda que poda valer a pena...)
Publicar un comentario