As cores do solpor.
O Santuario da Nosa Señora da Barca e a Pedra de Abalar.
O faro.
Divisando o horizonte.
As pedras aínda amosan as pegadas daquela mancha negra como se fosen doridas cicatrices, mentres se deixan acariñar unha e outra vez pola escuma branca das olas que veñen e van.
Mareas vivas. A serenidade das pedras. A frescura do mar bravío. A paz dun horizonte limpo. A tranquilidade do mar... Para quedar alí mirando e escoitando...
4 comentarios:
O brillo da primeira fotografía é fantástico, mais a grande, Isabel, é a do rapaz e a moza mirando cara ao sr. FUTURO.-
E ata se pode ulir o mar, e sentir o vento, e saborear o salitre na nosa pel.
Parabéns, Ghalpon.
Moito nos animan ás xentes do interior do país as imaxes do mar.
E as que amosas neste post son sumamente atraíntes e fermosas.
Parabéns
Recoñezo que foi en Muxía onde máis sentín a forza do mar, a súa grandeza. Impactáronme estas imaxes: as cores, o vento, o son, o silencio, a paz... Canto me alegra que vos gusten!
Publicar un comentario