Toda a harmonía total deste mundo está formada de discordancias.
L. A. Séneca
Na imaxen deste post, non se aprecia moita beleza. Eu síntoo, pero foi o que me chamou á atención hai uns días cando camiñaba polo peirao dunha vila da Costa da Morte. Sentín mágoa e veu á miña memoria aquela sentenza: "O ser humano é o único animal que ousa destruír o seu propio hábitat..." Tamén lembrei esta canción:
5 comentarios:
S.O.S.
Beleza tamén é saber ver o que está mal, o que pon en perigo o noso equilibrio e o doutras especies. Pero é máis doado mirar para outro lado, tristemente.
Saúdos.
Unha botella de lexía e todo. E os contenedores do lixo onde van?
SUICIDIO tamén se podería titular. Que non atopes máis imaxes coma esta. Se fose posible!
Ola Aura:
Hoxe pola mañan dixeronme -Hoy es siempre todavía-.
E,levo horas dandolle voltas as palabriñas de Machado.
Agora, que vexo a túa foto...voltei a pensar- Hoy es siempre todavía?
Apertas.O
Acertadas palabras de Machado, inda que aplicadas a outro contexto. "Hoy es siempre todavía, / toda la vida es ahora." -Dicía o poeta. Xa que onte non se fixo e mañá é tarde. Agora. Eu creo nestas palabras, pero ás veces..., a realidade dá que pensar: moi cerca de onde tomei esta foto, atopei a un grupo de rapaces/as (entre uns catro e doce anos de idade) que saían dun bar; acababan de mercar xeados e lambetadas varias. Primeiro alegroume ver tantos rapaces xuntos, ían moi contentos. Axiña quedei decepcionada ao ver que tiraban ao chan os envoltorios e as bolsas, con total e absoluta naturalidade, coma se nada. Ningún deles fixo intentos de agacharse nin volver a vista atrás, para que? E eu pregunteime: E onde está a educación para a saúde, a educación medioambiental, a educación para a paz, o día da árbore, a educación para a cidadanía, etc... Hoy es siempre todavía? Xa non o sei.
Bea, si que había colectores de lixo e papeleiras, por suposto. Pode que sexa posible o teu desexo; pero tamén é moi probable, desafortunadamente, que sigamos atopando imaxes semellantes. En algo fallamos.
Apertas
Publicar un comentario