domingo, 22 de marzo de 2009

Recuperación


O camiño máis longo, comeza cun pequeno paso.

Recuperación en harmonía co contorno: cachotes de pedra, madeira e tella do país.


Detalle dos marcos das ventás en perpiaño.

Casa restaurada en Agruchave (Lalín).

A solaina da casa da señora Rosa, recolle a luz do sol desde o amencer ata o solpor.

Recuperación dos muros exteriores en estilo rústico nesta casa en Doade (Lalín).

Recuperación e memoria na casa dos avós.


O cabaceiro da Casa do Patrón.

Un dos dous muíños restaurados ao pé do río Asneiro, entre Doade e Vilanova (Lalín).

A auga, o rodicio e o son da gaita.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que sorte tiveron estas casas en comparación con aquelas do esquecemento. Vexo que hai fermosos lugares por Doade e nótase o teu cariño a través das imaxes.
A recuperación dos muíños e unha asignatura pendente e vós empezastes a dar o paso...
E orixinal a foto do rodicio ó son das gaitas, moi galego.