domingo, 8 de marzo de 2009

Esquecemento










A memoria será ó final
un lugar no que atoparse.
Baldo Ramos


Somos froito da cegueira,
semente que procura na noite
raizames para o ollo que latexa
na braña oculta do poema.


Somos sombra que ignora
o camiño que percorre o corpo desafiuzado.


Somos froito da cegueira,
estirpe dos días perdidos,
da nostalxia desandada.
Árbore que medra na memoria do que fomos.
Baldo Ramos. A árbore da cegueira.




Non busques.
Xa te atopará o poema.
Baldo Ramos



Nunca voltamos
polos camiños
que nos afastan de nós.
Baldo Ramos
A ollada mestúrase coas cousas.
Fúndese coa semente
que anticipa a primeira visión,
o vértice da metáfora.
Escribimos para atravesar a imposición
do sentido
polas pontes da negación,
ese camiño de volta.
Baldo Ramos

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Meus abós,¡ai!,xa morreron,
os demais te abandonaron,
os teus lustros pereceron,
i os que millor te quixeron,
tamén de ti se apartaron.

Grazas Aura

Unhas fotos impresionantes e impactantes.Cheas de miseria,que nos demostran a incapacidade-xustificada ou non-das persoas.Macabro.
Cada imaxe parece pedirnos axuda,contarnos historias de dias felices ou amargas xornadas.
Magóa e compaixón.O

Anónimo dijo...

Sobrecolledor!

neves dijo...

NNNNNNNNNNOOOOOOOOOOOOOONNNNNNN!!!!

Anónimo dijo...

¡Moita desolación! Tamén nostalxia.

Anónimo dijo...

Sobrecolledor e macabro, si. Coñecín ás persoas que habitaron estas casas (tres en total) e podería escribir unha historia de cada unha delas. A nostalxia e a mágoa que me invadían, impedíronmo. As vosas palabras (O, Alex, Neves e Bea), son ben expresivas. Sei que o abandono das vivendas foi xustificado, en certa medida, no seu momento. O paso do tempo, fixo o demais.
O: se eu intentara facer un pequeno resumo sobre as imaxes deste post como introdución, collería exactamente as túas palabras; nin que estiveras alí, incrible!

Grazas pola vosa sensibilidade.