Xoaniña
"Os nenos non teñen pasado nin futuro, por iso gozan do presente, cousa que rara vez nos ocorre a nós".
"O mellor medio para facer bos aos nenos é facelos felices".
Nunca perdas o/a neno/a que levas dentro.
Os nenos, por natureza, son tranquilos, alegres e cariñosos. Según van medrando, ás veces, van cambiando. Por que?
É bastante común e tamén triste escoitar frases semellantes: Non sei a quen saíu este rapaz. Cada día está máis raro. Non hai quen o entenda. Non sabe o que quere. Non se quere esforzar. Todo lle dá igual. Non sei que facer, nin como actuar con el. Só quere estar cos seus amigos. Non nos conta nada...
Ou estoutras: Non hai tempo para estar con eles. Os rapaces agora non son como antes. As malas compañías, inflúen. Claro, dámoslles todo feito. A culpa é da televisión, de internet. Son todos así. Nós pouco podemos facer, é a sociedade que lles toca vivir...
Estas e outras moitas, poderían ser boas sentenzas como desculpa para non reaccionar. Son actitudes demasiado cómodas, penso eu.
Ao mellor, os nosos rapaces (fillos, sobriños, netos, alumnos...), actúan así para adaptarse a nós. Quizais eles se comporten de tal xeito porque nos seguen, nos imitan; son un reflexo de nós, aínda que non nos guste e nos custe recoñecelo. Os cativos, normalmente, aprenden máis do que nós facemos que do que dicimos.
Xa sei que esta é unha reflexión moi simplista. Máis, é un pouco o que eu penso, o que sinto. O tema, cada día, está a ser máis preocupante. Se queremos, aínda estamos a tempo de axudarlles. Como? Difícil terefa. Intentar sermos nós mesmos, podería ser un paso.
"Educade aos nenos e non será necesario castigar aos homes".
Pitágoras
"Os nenos adiviñan que persoas os aman. É un don natural que co tempo se perde".
Charles Paul de Kock
"Os nenos non teñen pasado nin futuro, por iso gozan do presente, cousa que rara vez nos ocorre a nós".
Jean de la Bruyere
"O mellor medio para facer bos aos nenos é facelos felices".
Oscar Wilde
4 comentarios:
Ben completa composición para comentar. E no retrato, atopo a expresión de Diego.
Despois de tanta psicoloxía escrita, e polos seus rápidos anos, hai que pensar no que os pequenos/as agardan de nós; son eles/as os/as que mellor saben do noso sentir.
Coas sentenzas que adxuntas podemos reflexionar en cómo andamos de felices os maiores,no noso antes e despois.
Recordos.-
Siiiiiiii... Que ben entendes!
Bicos virtuais.
Esa meniña do retrato, xa medrou. ¿Non si?Atópolle parecidos...
As túas reflexións son simples pero ben reais, ¡segurísimo!
Si, Bea, xa pasaron unhas cuantas décadas.
Publicar un comentario