sábado, 29 de noviembre de 2008

Á noitiña

4 comentarios:

neves dijo...

Unhas tomas cheas de todo o misterio que esas horas agochan: MUA.-

Anónimo dijo...

Si, a maxia do anoitecer. Terás máis información dese lugar, unha sorpresiña.
Neves, vexo que xa te incorporaches ao blog da biblioteca do teu novo centro. Alégrome. Que sorte teñen de poder contar coa túa colaboración!
Bicos.

Paz Zeltia dijo...

Gustoume esta serie de fotos do anoitecer. É unha hora que ten maxia, hai que estar moi mal moi mal para non reparar na beleza que todo o envolve; para non sentir que o noso mundo efectivamente xira nun espazo infinito; que nós somos un pedaciño de vida, unha nanopartícula no cosmos alimentándonos da luz que ese astro de lume nos da...
A xente xa se ri de min e o meu prender nos anoiteceres e amenceres, pero que lle imos facer!, unha é de gustos pouco traballados!

As últimas fotos son as miñas preferidas, cando se tingue de cor laranxa.
E encantame que poñas estas referencias a posts antiguos, ainda que adoito botar unha ollada retrospectiva, é un pouco ao chou, en cambio así, vai orientada


bicos nesta mañá ventosa e chuviñenta, as ondas do mar desbordan na coruña

Aura dijo...

Concordo con todo o que aquí expresas. E a min tamén me atrapan os amenceres e os anoiteceres. Só que que para ver nacer o sol, hai que madrugarrrr...