sábado, 15 de noviembre de 2008

Castañas





Polo San Martiño, castañas e viño.






Flan de castañas


Ingredientes:

- 4 ovos
- 2 vasos de leite
- 6 culleradas de azucre
- 200 gr. de castañas cocidas
- caramelo líquido

Preparación:

Bater os ovos. Engadir o leite, o azucre e as castañas cocidas. Remover ben todo. Verter no molde previamente bañado co caramelo. Cocer ao baño María ou no forno ata que calle. Deixar enfriar e desmoldar. Pódese servir con nata ou xeado. Se o prefires, cun chorriño de licor.

Como diría Arguiñano, rico rico!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O ano pasado tiven a sorte de poder ir ata a festa da castaña no Courel e un dos postres dos que puidemos desfrutar foi o que ti comentas.Agora xa teño a receita así que espero poder facelo eu (ou voltar o ano que ven porque a experiencia de admirar a zona merece moito a pena).Un saúdo,Isabel.

Anónimo dijo...

Ola, Ana. Eu fun ao Courel por primeira vez o ano pasado, a comezos de setembro. Eramos un grupo dunhas cincoenta persoas, entre adultos e rapaces, e a todos nos cautivou aquela paisaxe. A maioría prometemos volver no outono, pero non dixemos de que ano... A ver na primavera.
Saúdos