Desde pequena, gústame coleccionar botóns de distintos tamaños, formas e cores. Gárdoos nunha caixiña redonda e míroos de cando en cando. Tráenme bos recordos, son como anaquiños do pasado, da nenez.
Estes estaban no escaparate dunha desas tendas pequenas que xa case non quedan. Xa sei que a foto non é moi boa, pero fíxome graza "retratalos". Ata parece que nos están mirando e dicindo: "Anímate e lévame para a túa casa." Semellan caras alegres, cariñosas, divertidas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario