miércoles, 12 de octubre de 2011

Aillados?









Sólo nos aislamos en las cosas pequeñas,
en la mínima y frágil libertad
de las cosas pequeñas
y nos cuesta en verdad dejarlas,
porque al abrigo de los inútiles objetos
inevitablemente cotidianos
existe todo un mundo no sabido de ternura.

Sólo nos aislamos,
sólo crecemos en las cosas pequeñas:
aquel pañuelo que llevamos siempre
doblado con tanto cuidado en el bolsillo,
la canción que recordamos de pronto,
un libro ya olvidado,
el gesto repetido tantas veces,
o la cosa más íntima
que nadie podría amar
como nosotros la amamos.
Se trata, bien mirado, de una constante
evasión hacia nosotros mismos,
hacia la más pura e íntima parte
de nosotros mismos,
convertida al fin y al cabo
-y nos sorprende siempre constatarlo-
en lo que más nos acerca al yo profundo
que vive adentro nuestro,
y sobre todo en lo que más intensamente
nos alienta a vivir.


Miquel Martí i Pol

6 comentarios:

zeltia dijo...

ese tanque da auga metidiño no cesto, cos sombreiros?,
botados a un lado, pero gardados.
o tanque... tantísimos anos sin ver un.

e será verdade o qeu dí o poeta.

Aura dijo...

O tanque cos sombreiros metidos nunha cesta, que pouco sentido! (aparentemente), non si?
Ese tanque -como ti dis e nós lle chamamos "litro" porque esa é a súa capacidade-, foi o que miña avoa utilizou durante moitos anos; podo imaxinar a súa man -xa sen forza- agarrando o "litro" e sacando auga quente do depósito da cociña de ferro...
Os dous últimos (e derradeiros) sombreiros de palla que miña nai teceu e confeccionou con tanta paciencia e agarimo... Alguén os meteu (por casualidade?) na última cesta que meu pai fixo.
As imaxes anteriores, gardan historias semellantes: o "cesto de plaza" que miña avoa levaba á feira..., a cestilla cuberta cun manteliño de liño branco delicadamente bordado e repleta de orellas polo entroido... Os dous colocados enriba do ropeiro vello nos que a miña avoa gardaba, ademais da roupa, certas curiosidades coma un diccionario (un tesouriño segredo) ao que e eu dende pequena acudía ás agochadas para buscar palabras que descoñecía. Toda unha aventura que me gusta recordar!

neves dijo...

Tamén conto con algún obxecto, imaxe ou recordo que me illan de xeito total.
Son a única canle para atoparte.

O dijo...

Todos temos horas boas e outras que non o son tanto. Se ata recoñeceu Punset na súa entrevista, que tiña días tristes ( poucos pero que os tiña :) non si ?) menos mal.
Aislarnos ?? solo o necesario, eu non me podo perder - nin de coña - :): As Cores de Harmonía... os paseíños, os poemas, a música os blanco e negro, todo son e todo tén cores... tamén ás cousas "incoloras" cando as palpas co corazón lle atopas cores, a tenrura tén cores bonitos e tén música...
os teus dijos, e o dos comentaristas, sempre: teñen, moitisma cor ;)!!
[ creo que xa me envadurnei,abondo jaja ]

Apertasss

zeltia dijo...

as túas explicacións son un buratiño polo que mirar á túa infancia. tembla un pouquiño o corazón, coa emoción intuída coa que falas dos obxectos que gardan algo d a vida de quen os creou.
case arrecendo as orellas sobre o pano de liño dentro da cestilla.
...
e miña nai tamén facía cestos e sombreiros.
parece como se as tiras de palla trenzadas brillaran dende a cima do armario.

ao final tamén ti fixeches un post de cando eras pequena, tan discretiño detrás do poema, detrás das fotos, detrás do tema "infancia" da peli da árbore da vida.

Chousa da Alcandra dijo...

Coa facilidade agora da túa explicación reflexiono e decátome do cerquiña que estivemos da autosuficiencia; e agora -cargados de tecnoloxía- somos totalmente dependentes!

Bicos xuntiños