Se tivese a posibilidade de compartir a miña casa cun animal doméstico, o primeiro que acollería sería un can, estou segura! E o segundo sería, probablemente, un gato. Queda claro que os Felis silvestres catus non son os meus animais de compañía preferidos pero iso non quita que admire o seu comportamento. De feito, teño pasado horas (a intervalos) observándoos.
............................
O meu gato nunca se ríe ou se lamenta, sempre está razoando.
Miguel de Unamuno
Calquera gato que non consigue atrapar a un rato finxe que ía tras unha folla seca.
Charlotte Gray
O ideal da calma é un gato sentado.
Jean Renard
O máis pequeno gato é unha obra maestra.
Leonardo da Vinci
3 comentarios:
Eso da calma e os gatos, teñoo pensado eu, cando miro a miña gata [a do meu fillo, realmente, pero acollida en plan avoa] ponse mirando a un punto, aparentemente sin ningunha intención, e coa mirada esa tan extraña de meniña alongada, pode permanecer horas... eu eu tantas veces me preguntei: En qué estará pensando?
E tamén tantas veces envexo ós gatos deitados ó sol con esa cara de estar tan a gustito.
Miñau!
(Razoamento de Chousa un mércores calquera, despois de cear)
Eu tamén son máis de canciños, pero din que:http://www.luisprada.com/Protected/el_ronroneo_del_gato_para_curacion.htm
Bicos, O.
Publicar un comentario