sábado, 26 de febrero de 2011

Para A.

Por cuestións que non veñen agora ao caso, a mediados de xaneiro veu parar ás miñas mans o texto que a continuación vos achego. A pesar de que non era a primeira vez que o lía, inmediatamente xurdiu certa conexión e pensei en sacar un post que logo decidín aplazar para unha ocasión axeitada…
A entrada de hoxe vai especialmente adicada para A.


Le vent se lève! . . . il faut tenter de vivre!
Paul Valéry

“Irene, a súa nai, era unha muller delgada e morena, que conservaba unha figura con trazos xuvenís, deportiva e con certo atractivo. O pelo en media melena acariñaba os seus ombreiros como remuíños negros, sen asomo de elementos que puidesen denunciar que estaba ao bordo dos sesenta anos. Tiña unha desas peles que semellan arredar as engurras, e deixan soamente unhas lixeiras liñas na fronte e no rabo dos ollos, que fan que ninguén lle bote a idade que realmente ten. O tempo non fora cruel con ela, e a distancia entre as fotos da voda colocadas enriba do aparador e a imaxe actual non era, nin moito menos, insalvable. Ata hai tres anos traballaba nunha tenda de teas e artigos de mercería, a máis antiga e coñecida da vila.”
...
Domingo Tabuyo. Carmín.
...
A música que A. escolleu:
........

10 comentarios:

neves dijo...

Oui, il faut tenter de vivre.

Canto di un pelo así! ...

Pois por A; tamén, como non, pola mamá de A.

Anónimo dijo...

Lembro outra fermosísima entrada adicada a A.
Esa A seguro que é un Amor e sospeito que a súa mamá tamén.
Bicos. O

Harmonía dijo...

Que boa memoria tes, O! Estás en todo!! Esta era a entrada, si:
http://harmoniadecores.blogspot.com/2010/08/ao-solpor.html


Pois para A. e a súa mamá.
Bicos.

Harmonía dijo...

Grazas, Neves.
[Aclaro: neste caso, "A." non ten nada que ver co nome de Aura nin co de Alba, de acordo?]
Bicos.

Xosé dijo...

Eu tamén lle quero mandar o meu cariño a A[ndrea].
Muacccc

Chousa da Alcandra dijo...

Pois eu, que non sei quen é A nin Z, mando bicos para o abecedario enteiro.

Ch. da A.

Harmonía dijo...

Que conste que eu pensaba aclarar quen era A. (pero xa se me a-de-lan-tou don Xosé:-))

Bicos, Andrea, de parte de todos!

neves dijo...

Excusez-moi!

Andrea dijo...

"Harremanak" de "hartu"(recibir)e "eman"(dar) en euskera, quere dicir relaciones.Gústame moito esta palabra. Quixera poder dar un pouco de todo o que recibo cada vez que abro a ventá as emocións que é este blog. Gracias a todos polos parabens.

Paz Zeltia dijo...

Moi bonito o texto, e a dedicatoria [ogallá teña eu tamén quen me queira,
quen me faga dedicatorias coma esta, quen me alegre os días]
Andrea debe estar feliz.
(con don xosé non se pode ter nada gardado) :)

[E tí, pareces tan linda]