A comenzos deste ano co gallo do nomeamento do poeta monfortino Lois Pereiro como homenaxeado nas Letras Galegas 2011, un amigo comentábame:
..........
Hai uns anos que teño na casa a Poesía última de amor e enfermidade, o libro de referencia de Lois Pereiro. Alá a finais do 2009 baixou do estante onde repousaba e empezou a andar detrás de min pola casa adiante. Cobrou vida, vaia. Eran tempos difíciles para min, convulsos e dolorosos, e a palabra de Pereiro parecía que levantaba acta do que me atravesaba por dentro cunha precisión aterradora.
O libro foi viaxando dun lado ao outro da casa ata que atopou o seu sitio na mesiña da miña sala. Calquera que me visitase durante o 2010 lembrará esa mesa desordenada, chea de discos e papeis, na que nunca faltaba ese libriño gris cheo de marcas.
A forza de ir lendo poemas ao azar debín ler a obra un cento de veces. Ao primeiro lía só os poemas da páxina da dereita, pero pouco a pouco fun lendo tamén as notas que viñan na páxina da esquerda, porque me fun dando conta de que non eran de ningún xeito elementos secundarios da obra.
Polo nadal merquei os Poemas 1981-1991, reeditados en novembro, e recentemente a Conversa Ultramarina. A mesa da miña sala xa non está tan desordenada coma no 2010, pero os libros de Lois siguen ciscados pola casa adiante, sempre a punto para un apuro.

Levo unhas semanas mergullada na lectura dos versos que recolle o libro Poesía última... Comencei abrindo as páxinas ao chou, avanzaba, retrocedía e sempre me paraba tamén nas notas da esquerda porque me convidaban á reflexión... Pouco a pouco fun seleccionando algúns dos poemas que lía e relía unha e outra vez. E canto máis os leo, canto máis afondo neles, curiosa e misteriosamente, sinto que me conducen a unha paz interior difícil de explicar. "Nu", liberado, sen ataduras, con medos pero encarando con valentía a morte e a vida.
...
"Penso que a poesía é un xeito de fuxir da barbarie".
"Penso que a poesía é un xeito de fuxir da barbarie".
...
e imprevisto salvamento
...
...
Sería a luz que me alagaba os ollos
da vida roubada á morte veciña
pero todos me apalpaban incrédulos
colléndome das mans.
Todos aqueles que me amaran morto
amábanme máis vivo.
Abríanse dúas portas en direccións opostas
e escollín a que se abría cara a vida
co sol entrando a eito polas fiestras.
Tería que reanudarme
e regresar á miña propia vida
sen contaxiarme outra vez de min mesmo.
Retocaría o guión
e mudaría outra vez de personaxe
retomando a perdida
aprendizaxe.
...
ou atrofia dun soño maltratado,
debería ser sempre un último ritual
representado en salas clandestinas.
...
Interpretando orgánicos monólogos
...
Interpretando orgánicos monólogos
recitariamos con fluidez a dor interna
dos nosos tristes ósos
cando o amor se dilúe en hemorraxias
de líquidos desexos
abortados.
...
Unidireccional, irreal e maino,
circulando nun único sentido,
o amor que me asaltou sen previo aviso
cando eu xa non quería defenderme.
...
Perverso, inofensivo e altruísta,
foi un placebo inocuo
administrado a un corpo xa vencido.
...
Desprezando o meu tempo en conta atrás,
Desprezando o meu tempo en conta atrás,
ábrome e derramo a miña vida
nese amor feroz, calado e sen destino;
e o amor de sempre oculto e prohibido,
selado e transferido
en garantía
a que xa non podía eternizarse
intentando evitarme inutilmente
nin seguir compartindo unha única sombra
ata o final.
...
ós que aman con espírito suicida
dos que somentes son
un soño breve.
...
...
Na viaxe nocturna que emprendemos
polo interior dun corpo diferente
un acto de amor é un fluído urxente
de suor bágoas e esperma
contra o medo
...
palabras desarmadas
palabras desarmadas
desexos que se perden
na néboa de mil noites
entre as sabas revoltas
polo feroz presente
de dous corpos que se esquecen.
...
...
escribiu o inicio dun poema:
...
...
"¿E conseguiches o que
querías desta vida?
Conseguino, si.
Conseguino, si.
¿E que querías?
Considerarme amado, sentirme
amado na terra."
...
Eu tamén podería dicir o mesmo...)
...
Eu tamén podería dicir o mesmo...)
...
Lois Pereiro. Poesía última de amor e enfermidade.
....
....
...
5 comentarios:
Emocionante.
Non teño palabras, Aura, xa sabes...
Grazas!!!
Foron tempos!! Alégrome moito, moito, de que o pasado deixe de ser: "unha enfermedade crónica".
Unha aperta, sigue. O
Dos mesmos poemas personas distintas fan lecturas diferentes.
Un poema tamén pode pechar dentro de sí un mundo para descubrir novamente en momentos vitais que non sexan semellantes.
O achegamento que tiven eu tamén a este poeta significoume moito.
Alédame que compartamos emocións ó redor del.
Veña, que estas Letras van dar moito que ler!
Quedei pampo mirando esa primeira foto.
Eu tamén teño os libros cheiños de papeliños marcando páxinas. Son como letreiros que me reconducen a onde me gustou en algún momento reparar.
(Alédome cos que te animan. A min anímanme a animarte, e non sei o motivo)
Bicos (de Antas, por suposto)
Publicar un comentario