Persoas e lugares, sons e cancións.
-E logo agora non tes plantas con flores?
-Durante o inverno...
-Pois din que dan sorte!
-...??
O cacto de inverno brotou, por fin! Sorte, non sei; pero vaia se alegra!!
Como sempre alegra escoitar os sons da gaita galega e as nosas cancións tradicionais. Os participantes do vídeo que hoxe vos achego, son máis ben afeccionados... Iso si, "cantan" con todo o seu corazón, asegúrovolo!!!
Adícocho a ti.
Tamén a ti e a ti...
4 comentarios:
Un placer atopar de novo o vídeo este :-)
vaia ambientillo tan bo, non si?
nótase que se "canta" co corazón...
eu tamén teño un cactus deses, foi plantado dun enorme que deixou miña nai cando morreu.
Agora toda a familia vai criando os fillos e os netiños da planta. E por Nadal todos están florecidos e sí lembrámola a ela, [fillos, netos e bisnetos de miña nai]
Os seus sorrisos son gora estas flores
Zeltia, a historia familiar que contas do teu cactus é exactamente a mesma que a miña, que coincidencia! (só que, polo momento, sen bisnetos...). O clima de Lalín non che é o de A Coruña e as flores de inverno aquí espertan máis tarde.
Unha aperta de inverno e un sorriso:-))
As flores sempre provocan, como mínimo, alegrías; de xeito que concordo contigo no sentido máis amplo da palabra concordar.
E MIL GRACIAS por adicarmo a minnn..., como? eh?; ah claro que era en sentido figurado...claro, claro, vale; pois xa recollo a miña parte. Graciñas Aura
Vinte aquí, coñezo a capital, pero non sei aínda esta canción. Mua = Nora
Publicar un comentario