A flor de lavanda, co paso dos días, foise secando e perdendo a súa intensa cor violeta; pero conserva inalterable o seu aroma, a súa esencia, o mellor dela.
Dende a sobremesa deste domingo 30 de xaneiro: o tempo transcorre, e espero que siga transcurrindo, pacificamente. E non pido nada máis.
Cada átomo, feliz ou triste,
está encantado polo sol...
5 comentarios:
Resulta aleccionador que sexa preciso perder a cor (aínda que esta sexa violeta!)para conservar inalterable o aroma. Ou non será conditio sine qua non?.
Bicos de xaneiro que fuxe
Hai un tempo escribín un correo para trasladarlle a unha persoa moi querida os meus mellores desexos de futuro: luz, paz e amor.
O mesmo che desexo, Aura. Gustaríame que a roda da fortuna che deparase algo máis que aquelo de "que o tempo pase pacificamente".
Bicos.
Come on!
El amor no sólo debe ser una llama, sino una luz.
(Thoreau)
Hay algo tan necesario como el pan de cada día, y es la paz de cada día.
(Amado Nervo)
Saúdos.
Ai Isa !! dito así parece que ves de firmar un tradado de paz, sin sequera negociar...
[qué dulces mentiras, qué grandes verdades , qué nos inventamos
para perdurar]
Bicos de febreiro, O.
A min gustoume ter o poema dos átomos para os meus amañeceres, pero me parece que tí precisabálo máis para esta entrada.
Sinto terme adiantado.
[falas do esencial,a min paréceme que sempre hai que estar atenta ó que o é]
Publicar un comentario