viernes, 22 de octubre de 2010

Parrulos

6 comentarios:

neves dijo...

A nosa parrula fotografou este verán tamén uns parruliños nun recuncho coma este, grazas ao pan que lles gardamos.

Aura dijo...

Bicos para esa parruliña.

Anónimo dijo...

E os parruliños convertéronse en cisnes.....e, como voan !!!!
Unha aperta. O

Chousa da Alcandra dijo...

Que sorte tiveron eses parrulos de que en troques de cazadora, armada con escopeta, foses bloqueira e disparases unha cámara...
(Seguro que non escoitaron nin o click!)

Bicos do Ulla

Paz Zeltia dijo...

o teu post de hoxe tróuxome lembranzas de hai uns anos, que vivín algo de tempo á beiriña dun rio pequeniño, cun paseo fluvial. Alí reinaban os patos, que ían engordando de mes en mes, e para min que nin emigraban, que todos os que chegaban quedaban, porque cada vez había mais patos!

gustoume moito o videoclip que enlazas, con esas imaxes espectaculares... e cantando nick cave non podía ser menos!.Gústame esta canción [as letras de nick cave nunca deixan indiferente]

Harmonía dijo...

Levaba varias tempadas intentando captar a estes parruliños (unha escopeta, Aura? Nin tola!). Non escollín o momento máis adecuado, pois caía a tardiña e xa había pouca luz. Ademais, ao intentar acercarme, escaparon; e iso que están acostumados a ver aos paseantes, se coñece que a maioría da xente, non se para. A min gústame moito observalos, sobre todo en primavera, cando nacen as crías.
O vídeo tamén o tiña fichado desde hai temo para a ocasión, pensei coma O: os parruliños que se converten en cisnes... precioso! A búsqueda comenzou, por suposto, pola música de Nick Cave. Concordo con Zeltia.