domingo, 24 de octubre de 2010

Eume


No corazón da Fraga


Hai uns anos, Neves, levoume de visita polas Fragas do Eume. Desfrutamos do paseo polas ribeiras do río, subimos ata o Mosteiro de Caaveiro (daquela sen restaurar) e cruzamos pola ponte colgante (emocionante, si! Un pouco de vertixe, tamén!).
No pasado outono, Nora, envioume estas fermosas imaxes da Fraga. Grazas, Nora!!!

Hoxe, de paso que comparto as fotos, convídovos a unha visita virtual:

E se preferides unha reportaxe con máis ritmo:

4 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Outra das miñas indefendibles asignaturas pendentes.
(Eu case lles trocaría a música ás versións da visita. Ti que dis?)

Bicos dende o Ulla para a dezá que hoxe fala do Eume

neves dijo...

Canto gardas!!
Ola reporteira grande; a pequena está durmida. Mañá vaite ler e recordar. Cando nos recuperemos haberá que andar unha nova ruta.
Do corazón: grazas.-

Paz Zeltia dijo...

Pois a ponte colgante, xa non é colgante. agora en vez de travesaños de madeira, tenos de cemento.
:(

As imaxes que nos deixas son no inverno e intuíndose a primavera. A min cando máis me gusta ese sitio e no outono, sin dudalo. Estiven o outro domingo, con ese soliño dourado acariciando a tarde. Contra a tardiña expandiuse o cheiro a humido. Fóronse os paseantes, comenzaron os chíos dos paxaros que anuncian a noite e envolveuse todo no secular murmurio do rio

Carmen dijo...

A min pásame coma Chousa, teño esa visita pendente e sempre aparecen escusas que me impiden chegar alá.Volverei anotar na axenda e de momento aproveito as visitas virtuais que nos ofreces.
Gracias, Isa.