Cada un é como diolodou. E despois vai sendo como a vida o vai facendo. E a señora María é todo un carácter.
Belída, a señora María.
[E os teus cabazos, avanzan coma un exército].
-Gustoume esa presentación da fotografía, vai collendo unha forza incríble, que non tería. Gardo esa idea para min, nunha esquiniña da memoria, deus(?) me conserve a pouca que me queda!-
Hai moita filosofía no falar da señora María. Dende logo nas súas palabras deixa entrever que unha belixerante feminista non é; pero -curiosamente- relata maxistralmente o poder do matriarcado.
Zeltia, o de ir acercando as imaxes, foi por necesidade: como non me podía acercar á leira dos cabazos porque había varios cerrados que mo impedían e uns cantos canciños que ladraban ao aproximarme, fun facendo probas e ao final tiven que botar man do zoom. A túa idea do exército, orixinal; moita imaxinación tes!! Xosé, se volves ver o vídeo, cambiarás de idea; a señora María ten o seu carácter, pero de aí a meter medo...
Cada unha das aportacións/opinións que aquí deixades cada un de vós en relación coa filosofía e o relato da señora María, coinciden totalmente co que eu pensei cando descubrín o vídeo. Iso foi o que me animou a enlazalo: o seu carácter, a súa fortaleza, a idea do matriarcado, a consideración da muller naqueles tempos (non tan lonxe), o que sentía e como sentía e outros temas que de paso vai tratando.
7 comentarios:
Cada un é como diolodou. E despois vai sendo como a vida o vai facendo. E a señora María é todo un carácter.
Belída, a señora María.
[E os teus cabazos, avanzan coma un exército].
-Gustoume esa presentación da fotografía, vai collendo unha forza incríble, que non tería. Gardo esa idea para min, nunha esquiniña da memoria, deus(?) me conserve a pouca que me queda!-
Falar, fala claro, pero a min méteme un pouco de medo a señora María... Esa mirada...
Hai moita filosofía no falar da señora María.
Dende logo nas súas palabras deixa entrever que unha belixerante feminista non é; pero -curiosamente- relata maxistralmente o poder do matriarcado.
Bicos coma cabazos.
A señora María deixa boa constancia da súa fortaleza e seguridade, tamén da dor...
Quédome con :
" Non casei, pero dios queríame moito "
A señora María é unha muller das de antes: que traballou e traballa aínda e que pasou dura vida.
Gustoume o filme.
Zeltia, o de ir acercando as imaxes, foi por necesidade: como non me podía acercar á leira dos cabazos porque había varios cerrados que mo impedían e uns cantos canciños que ladraban ao aproximarme, fun facendo probas e ao final tiven que botar man do zoom. A túa idea do exército, orixinal; moita imaxinación tes!!
Xosé, se volves ver o vídeo, cambiarás de idea; a señora María ten o seu carácter, pero de aí a meter medo...
Apertas.
Cada unha das aportacións/opinións que aquí deixades cada un de vós en relación coa filosofía e o relato da señora María, coinciden totalmente co que eu pensei cando descubrín o vídeo. Iso foi o que me animou a enlazalo: o seu carácter, a súa fortaleza, a idea do matriarcado, a consideración da muller naqueles tempos (non tan lonxe), o que sentía e como sentía e outros temas que de paso vai tratando.
Máis apertas.
Publicar un comentario