viernes, 2 de julio de 2010

Amodiño


A paciencia é unha árbore de raíz amarga pero de froitos moi doces.
Proverbio persa


Escoitar con paciencia é, ás veces, maior caridade que dar.
San Luis, rey de Francia.


Coa paciencia e a tranquilidade lógrase todo… e algo máis.
Benjamín Franklin


Non neguemos nada; non afirmemos nada; esperemos.
Arthur Schopenhauer


O mellor remedio que coñezo contra os impulsos repentinos de impaciencia é un silencio doce e sen fel.
San Francisco de Sales


Adopta o ritmo da natureza; o seu segredo é a paciencia.
Ralph Waldo Emerson


A paciencia e o tempo fan máis que a forza e a violencia.
Jean de la Fontaine


Non corras, vaite despacio, que a onde tes que chegar é a ti mesmo!
Juan Ramón Jiménez


Ten calma e non fales do pasado. O presente é fermoso.
Omar Kayyam


5 comentarios:

neves dijo...

Tan...nosa esta primeira foto!

E somos NÓS os únicos que rompemos coa dinámica natural.

Chousa da Alcandra dijo...

Din que a paciencia é a nai da ciencia. Por iso as premuras acaban por darnos poucos científicos!!

Carmen dijo...

Agora que vén o verán e as vacacións canta paciencia nos fai falta. Iremos a modiño como ti nos dis, Isa.
Unha aperta de verán.

Anónimo dijo...

"Canse tu paciencia a la maldad."- Tertuliano.
Un saúdo

Xosé dijo...

Acaban de enviarme un correo dicíndome que me aplique o que di Omar Kayyam, citando como referencia o teu blog. Xa ves, Aura, que tes xente por aí facendo apostolado do que escribes.