Mirar, escoitar e disfrutar coa doce tenrura e suave fragancia desas floriñas ca terra nos da. O azahar lembrame a miña casa, a mesa da mestra e ata as obrigadas misas de maio...
Recoñezo que nesta entrada fixen unha mesturandaina de imaxes, que ben podía ir repartindo en varias tandas. Pero todas elas forman parte de xuño: as rosas, as hortiñas, os intensos amarelos dos toxos, as flores dos sabugueiros... As plantiñas de millo, supoñen o nacer e renacer seguindo os ciclos da natureza. O azahar e os seus aromas, tamén a min me recordan á mesa dunha profe alá nos primeiros anos da EXB... (Das misas de maio, sempre me fun librando,haha! ;)) Hai tres anos que vin "La doble vida de Verónica" (ti ma pasaches, recordas?). Conmoveume tanto a película que a vin varias veces; e quedei prendada da música de Zbigniew Preisner, xa para sempre.
Ti non fas máis que recoller a intensidade cromática que nos rodea. Da gusto percibir polos sentidos todos tanta enerxía (e que me saiban disculpar os alérxicos, que ben sei que o están pasando mal). Iso si; na última arrimaches a brasa á sardiña eh...;-)
O vento movía as pólas e, ás veces, tiña que suxeitalas para conseguir un enfoque adecuado; vamos, para que as floriñas saíran máis bonitas na foto... É o caso da última imaxe.
5 comentarios:
Ese milliño -como di sempre miña nai- vai dar un bo estirón co sol que está vindo estes días. Fantástica a banda sonora.
Mirar, escoitar e disfrutar coa doce tenrura e suave fragancia
desas floriñas ca terra nos da.
O azahar lembrame a miña casa,
a mesa da mestra e ata as obrigadas misas de maio...
Inmensa colleita de Harmonía!!!O.
Recoñezo que nesta entrada fixen unha mesturandaina de imaxes, que ben podía ir repartindo en varias tandas. Pero todas elas forman parte de xuño: as rosas, as hortiñas, os intensos amarelos dos toxos, as flores dos sabugueiros... As plantiñas de millo, supoñen o nacer e renacer seguindo os ciclos da natureza. O azahar e os seus aromas, tamén a min me recordan á mesa dunha profe alá nos primeiros anos da EXB... (Das misas de maio, sempre me fun librando,haha! ;))
Hai tres anos que vin "La doble vida de Verónica" (ti ma pasaches, recordas?). Conmoveume tanto a película que a vin varias veces; e quedei prendada da música de Zbigniew Preisner, xa para sempre.
Apertas de xuño.
Ti non fas máis que recoller a intensidade cromática que nos rodea. Da gusto percibir polos sentidos todos tanta enerxía (e que me saiban disculpar os alérxicos, que ben sei que o están pasando mal).
Iso si; na última arrimaches a brasa á sardiña eh...;-)
O vento movía as pólas e, ás veces, tiña que suxeitalas para conseguir un enfoque adecuado; vamos, para que as floriñas saíran máis bonitas na foto... É o caso da última imaxe.
Publicar un comentario