miércoles, 17 de febrero de 2010

O camiño







O luns da semana pasada, como tiña unha mañá tranquila, fixen un oco para ver a última peli que me deixaron, El camino a casa. Había tempo que non vira un filme tan bonito, que tanto me cautivase. Os protagonistas expresan os seus sentimentos con gran intensidade e a través dunha entrañable historia fannos reflexionar sobre diversos temas. Escenas sumamente delicadas, e uns planos exteriores impresionantes. A naturalidade e a sencillez dos diálogos. As cores, a música, a maxia dos silencios e os sons... Os sons, fascináronme. Chamoume a atención que utiliza o branco e negro para as escenas do presente e recurre ás vivas cores para recordar o pasado desta tenra historia de amor, conseguindo uns efectos dunha extraordinaria beleza. A min pareceume preciosísima. Como a desfrutei!
Pensei que me gustaría poñela como enlace nun post deste blog nalgún momento. Como agradecemento a ti, que me ofreciches a oportunidade de descubrila; e para compartila contigo, se aínda non a viches. Só me faltaban unhas fotos axeitadas. Este luns, como fixo unha boa tarde de sol, puiden andar camiños que me aportaron as imaxes que buscaba. Non quixese causar tristeza, a miña intención é todo o contrario. Mellor que te animes a vela e xa me contarás. Aquí che deixo unha curta mostra como adianto.

9 comentarios:

Xosé dijo...

A min tamén me parece unha película fermosa, delicada, intensa, contida.
Hai uns días estaba con Bea, a miña fisio desde hai case un ano, e contáballe algunhas cousas que me van pasando ultimamente. Ela escoitoume con atención -sempre o fai- e fixo un xesto co brazo, algo así como se quixese simular un río que flúe, e díxome: "Este é o camiño que che toca transitar agora".

neves dijo...

Quedo entón con este importante título.

Anónimo dijo...

Eu tamén vou facer tempo e vela.
Gustanme moito os camiños e,
" O camiño a casa " promete.
Bicos.O

Aura dijo...

Penso que vos ha compensar ver a peli.

Intelixente razoamento e fermoso exemplo o da túa fisio.

Apertas.

Chousa da Alcandra dijo...

Os camiños de Aura son...fermosos!
(A película irémola ver tamén)

Alex Ghalpon dijo...

Lembro ben o día que vin esa fermosísima película, gozoso momento. Tamén lle agracezo a esa persoa que ma puxera diante e me acompañara véndoa, e agradézoche a ti que nola traias agora á túa ventá e ensines camiños que temos ganas de camiñar.

Anónimo dijo...

Misión cumprida,de feito comvidei a unha rapariga -18 aniños- para vela en compañia, e disfrutámola doblemente. E moi fermosa ,moi de verdade, ese amor para toda a vida mesmo suscita un chisquiño de envexa, quizais?

Mañá,tócame "El diario de Noa"
pois ese foi o meu trato.
-"E dille a tua amiga que a mire"-
aqui queda dito.
Bicos. O

paideleo dijo...

Un blogo precioso que non podo deixar de ligar.
Un saúdo.

Bea dijo...

Apunto tamén o título da película.
Os camiños invitan a andar.
Grazas, Aura