Hai case una ano, un día que ía buscando imaxes para un post de primavera, reparei neste carballo ao que lle quedaban tres bugallos e quixen retratalos. Non me decatei de que a árbore tapaba a luz do sol e este foi o resultado: unha imaxe a contraluz.
Cantas veces camiñamos, corremos e ata viaxamos a contraluz, sen darnos conta! Só cando por fin nos detemos e revisamos os fotogramas das nosas andainas, observamos a dirección da luz e conseguimos situarnos no lugar correcto para continuar a senda.

Un filme: A contraluz (trailer)
Un poema: A contraluz, de André Cruchaga
Unha canción: Palabras para Julia - Paco Ibáñez
5 comentarios:
Xa..., pero e que fannos ir a tanta velocidade por esta corredoira vital, que ás veces imos a contraluz, a contrapé e na dirección equivocada.
Bicos
O lugar correcto, no momento acertado, soa tan doado...
Unha ccnción non,
Gran Canción.
Bo camiño Aura. O
Chamémoslle,carta.
A contramán-contramarcha-contraxeito-contratempo-contrarreloxo-contracorrente-contragusto.
Imos adiante!
Filosófica Aura, a veces as imaxes a contraluz son tan fermosas...
Publicar un comentario