domingo, 5 de julio de 2009

Vilachá


Vilachá é unha parroquia do concello de A Pobra de Brollón (Lugo).
Déixovos algunhas das imaxes que recollín nunha excursión que fixen a esta localidade a comezos de maio. Partimos das adegas, que foron restauradas e están consideradas como unhas das máis antigas de España. Atravesamos o pobo e observamos mostras da arquitectura tradicional. Cando nos adentramos no bosque, atopamos robustos carballos e castiñeiros e abundantes piñeiros. Despois aproximámonos ao mirador sobre os canóns do río Sil, dende onde desfrutamos da variedade das paisaxes.

2 comentarios:

neves dijo...

Tan refrescante...que merece o agradecemento de podelas contemplar!

Bea dijo...

Nas bodegas estiven xa fai uns anos. Volverei e farei o paseo hasta o mirador,¡ben que vale a pena! Gústame moito a segunda foto.
Un abrazo, Aura.