sábado, 6 de junio de 2009

Floriñas


Hai dúas semanas, sobre as oito da tarde, dispúñame a dar o meu habitual paseo vespertino (sempre que podo). Os días anteriores, fixera a camiñata polo que, non hai moito, fora o Agro de Lalín de Arriba. Polas beiras da rúa, ía descubrindo diferentes e preciosas flores silvestres. Mesmo estaban pedindo seren retratadas… Cada atardecer, parecíanme máis bonitas. Aquel día, tocoume camiñar soa e, aproveitando que podía ir ao meu ritmo, decidín levar a cámara. Había algunhas nubes e xa non quedaba moita luz. Sacarei poucas fotos, oito ou dez, -pensei. Según avanzaba no paseo, ía atopando máis imaxes que atrapar, canta beleza! E iso que só son unhas leiras a ermo. Ao pouco tempo, como se o sol quixese ser o meu cómplice, os últimos raios comezaron a brillar con tanta intensidade, que xa non puiden parar de recoller imaxes até que escureceu. Aquela repentina luz dourada, facía que as floriñas parecesen inda máis lindas. Tomei unhas oitenta imaxes, das que aquí deixo unha pequena mostra. Quen sabe? Quizais sexa esta a última primavera na que estas plantiñas florecen; pois este terreo, agora, é solo edificable e pronto estará ocupado por varios bloques de vivendas. Espero que, polo menos, deixen espazo suficiente para uns amplos e fermosos xardíns.











Só faltaban as bolboretas…

El vals de las mariposas


La Flor del Aire

Yo la encontré por mi destino,
de pie a mitad de la pradera,
gobernadora del que pase,
del que le hable y que la vea.
Y ella me dijo: "Sube al monte.
Yo nunca dejo la pradera,
y me cortas las flores blancas
como nieves, duras y tiernas."

Me subí a la ácida montaña,
busqué las flores donde albean,
entre las rocas existiendo
medio dormidas y despiertas.

Cuando bajé, con carga mía,
la hallé a mitad de la pradera,
fui cubriéndola frenética,
con un torrente de azucenas.

Y sin mirarse la blancura,
ella me dijo: "Tú acarrea
ahora sólo flores rojas.
Yo no puedo pasar la pradera.

Trepé las penas con el venado,
y busqué flores de demencia,
las que rojean y parecen
que de rojez vivan y mueran.

Gabriela Mistral

4 comentarios:

neves dijo...

Saudable paseo e realista e relaxante relato.

Gústanme as branquiñas, as azuis, as espigas.
Unha chea delas para ti!

Anónimo dijo...

........e as abelliñas.O

Carmen dijo...

Ti sempre atopas imaxes que atrapar. Parece un auténtico xardín botánico silvestre.
Teño que visitarte máis a miúdo.
¡Parabéns!

Chousa da Alcandra dijo...

Hai días así. Como vaias na procura da foto...non hai maneira!. Sempre ten que vir ela a ti.
E está claro que aquela tardiña viñeron a ti.
Parabéns