“Todos os musgos son brións, pero non todos os brións son musgos.”
Recollo aquí esta aclaratoria sentenza do blogue de Alex Ghalpon (Batume, 7-3-09); espazo onde sempre atopamos magníficas fotos e interesantes miradas, acompañadas de exquisitos e entrañables textos. Grazas.
E seguindo co alfabeto da nosa lingua, hoxe tócalle á letra “B”:
Brións, berce, beira, beleza, buxaina, bicos, beizos, bolboreta, bubela, besta, bágoas, bandexa, biscoito, bidueiro, buxo, bufarda, beirarrúa, branco, belo, botica, balbordo, baile, batume, bosque, brétema, bonito, bambú, babosa, besbello, barbo, barbela…
Beatriz, Baia, Begonia, Belisario, Belén, Benigno, Benedita, Benito, Benxamín, Bernabé, Berta, Bieito, Basilio, Bastián, Blandina, Breixo, Bárbara, Bríxida, Breogán, Braulio, Bautista, Basilisa, Baltasar, Bernal, Branca, Bertolameo, Brais, Bernardo…
Beatriz, Baia, Begonia, Belisario, Belén, Benigno, Benedita, Benito, Benxamín, Bernabé, Berta, Bieito, Basilio, Bastián, Blandina, Breixo, Bárbara, Bríxida, Breogán, Braulio, Bautista, Basilisa, Baltasar, Bernal, Branca, Bertolameo, Brais, Bernardo…
7 comentarios:
bacoriño,
Balbina/-o.
Berenguela-Barreiro-Bandeira-becerro-biscoito-botafumeiro.
Ola:o meu puñado de palabras,son o froito dun xogo o que recurrimos moitas veces na casa(sobre todo cando chove e se xunta xente menuda)cada vez menos,teño que recoñecelo.
O pasatempo,como podes comprobar consiste en respostar por escrito a petición de:nome,apelido, lugar,etc.
Eso si,a letra sempre escollida o azar.Neste caso a B deixase querer ben.Bicos,O.
bitácora
bacharelato
busca-vidas.
bulebule, bulideiro...
berenxenal e bévera.
Barcarola bailada, ben belido, bífida bilingüe, boca bondadosa, bubela bulideira.
Moitas grazas, Aura, máis unha vez, polas túas imaxes e as túas palabras.
Moitas grazas polas vosas aportacións.
Publicar un comentario