miércoles, 15 de abril de 2009

Zobra

A finais de abril do ano pasado, fixen unha excursión a Zobra, lugar onde nace o Río Deza. Déixovos unha escolma de imaxes como primeiro acercamento a esta paisaxe de ensoño. Así foi como eu a vin.

4 comentarios:

neves dijo...

Xunto coa serra do Candán foron os montes que nos viron nacer. Escoitaba na casa que era un lugar ermo. Cando subín, pareceume algo exclusivo,e quedaron recantos...que namoran.-

Bea dijo...

Fotos de Zobra verdes, luminosas e refrescantes.
¡Como te perdes polos ríos!

Aura dijo...

Alégrame que vos gusten as paisaxes de Zobra.

Aínda que eu non nacín cerca (senón ao outro lado do Atlántico), moitas veces teño escoitado tales comentarios. Parecía que estaban a falar da fin do mundo. Que equivocados! Neves, unha xeitosa descrición: recantos... que namoran.

Saúdos.

Chousa da Alcandra dijo...

Pois a min tamén me namora descubrilos a través do teu blog; ainda que me queden ben perto fisicamente nunca estiven alí...
Graciñas por amosárnolo