domingo, 26 de abril de 2009

Zobra II


De novo nos acercamos a Zobra. Daquela visita trouxen moitas fotos. Sempre que abro o cartafol e intento eliminar algunha, arrepíntome. A todas as imaxes lles atopo algo. Unha vez máis, cúmplese o dito: En Galicia imos de beleza en beleza.
Podedes quedarvos, se vos apetece, e desfrutar das miñas miradas ás paisaxes do río Deza ao seu paso por Zobra e tamén animarvos a dar un paseíño por aquelas terras, se non fostes xa. Outra opción: facer zapping e esquecer esta páxina por unha tempada; aviso: aínda quedan máis!





3 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Levas razón en que borrar unha foto sempre produce unha mágoa.
Dende logo as que nos amosas son magníficas!!

Un pracer descubrilas...e descubrirte!

Apertas dende a Chousa

neves dijo...

Unha miña suxestión é a de dosificar o número de imaxes para poder deternos mellor nelas. Agradan!

Aura dijo...

Grazas pola visita, Chousa. Alégrame que che gusten as imaxes que escollín.
Na túa ventá virtual, tamén hai imaxes ben xeitosas e sempre aderezadas con moito sentido do humor.

Neves, intentarei seguir a túa suxerencia, pero vaime custar un pouquiño...

Saúdos.