sábado, 18 de abril de 2009

No niño


Segredo

No niño novo de vento
hai unha pomba dourada,
¡meu amigo!
¡Quen puidera namorala!

Canta ó luar e ó mencer,
en frauta de verde olivo.
¡Quen puidera namorala,
meu amigo!

Ten aires de flor recente
cousas de recén casada,
¡meu amigo!
¡Quen puidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
¡Quen puidera namorala,
meu amigo!

Ávaro Cunqueiro.
Cantiga nova que se chama riveira.

Quen puidera namorala-Xoel López

1 comentario:

neves dijo...

Non sei o que é que, cando a escoito, me fai estremecer toda! Bico