A algunhas persoas os disfraces non as disfrazan, senón que as revelan. Cada un disfrázase de aquelo que é por dentro.
Gilbert Keith Chesterton
Non hai disfrace que poida longo tempo ocultar o amor onde o hai, nin finxilo onde non o hai.
François de la Rochefoucauld
Este disfrace pode parecer un pouco "patriota" polas súas cores, e máis nestas datas preelectorais. Casualidade. É unha capa que semella a plumaxe dun paxaro, de clima subtropical.
Cando a necesidade nos arranca as palabras sinceras, cae a máscara e aparece o home.
Lucrecio
O poema, esa extraña máscara máis verdadeira que a propia cara.
Mario Quintana
A vellez é unha máscara: se a quitas, descobres o rostro infantil da alma.
José Bergamín
6 comentarios:
E,que tal Brillliant Disguise?
Algo fala tamén dun disfraz.
Haber quen non se transforma un chisquiño co: Gran Bruce,aporreando así a guitarra. O
É bonita a capa. ¿E por que non a puxeches en vez de sacala na percha?
Contestareiche con outra pregunta, Bea: e quen sacaba a foto?
Grazas pola aportación. Tomo nota e engado ao Gran Bruce, por que non?
Menos mal que aclaraches o do disfraz. Se o ve o Quintana, vaise alporizar, tantas cores xuntas non caben na "súa Galiza"...
Saúdos.
Me gusta el carnaval que nos has presentado. Música del Gran Berlioz y del Gran Bruce, ¡un acierto!
Un saludo.
Publicar un comentario