domingo, 1 de febrero de 2009

Camelias


As primeiras camelias, nun día de chuvia e pouca luz. Aínda así, non puiden resistir a tentación de recoller unhas mostras. Vinas tan fermosas!



Camelias de Galicia




5 comentarios:

Harmonía dijo...

Neves, as túas camelias... Recoñécelas? Unha pista: seguro que tes camiñado por entre elas, hai uns cantos anos.

neves dijo...

Queridiña, vaia xardín nos preparaches!
Fasme pensar no paseo da vila, pero máis no delicado pazo, en Oca. Ai, xa non sei...
Gústame a última da serie.
Unha aperta con olor a flores.-

Harmonía dijo...

Frío, frío... As camelias da rúa do paseo, co frío que vai, tardarán en abrir. Polo pazo de Oca, non pasei estes días; un xardín que cautiva, por certo.
Outra pista: suroeste, hacia a costa, vinte anos atrás... Seguro que agora te lembras.

neves dijo...

Xa ves o despistada que ando! Pasou tempo: Pontevedra, Vilagarcía. Pero estes camelios... Cóntame, "porfa".

Harmonía dijo...

Pontevedra: alameda, Praza da Ferrería e xardíns de San Francisco. Podían ser os camelios en flor de calquera xardín. Só quería que xogaras un pouco ás adiviñas, querida amiga.
A última foto da serie, como ti dis, foi a primeira que saquei; chamoume a atención: pareceume un auténtico cadro, con moito significado; coido que merecía unha entrada aparte. Mais, tamén é parte do xardín, do ciclo da natureza...
Bicos, Neves.