domingo, 11 de enero de 2009

Vitaminas


Se un arrefriado non queres pillar, vitamina C has de tomar.

Laranxas



Unha laranxa con problemas de identidade…

Terapia de laranxa



E unhas laranxiñas con moito ritmo…

Laranxa Beatles-Twist and Shout

Xa sabes:
se te atopas un pouco mal,
vitaminas e bo humor,
son o mellor antigripal.


E se xa te “atacaron” os virus: descanso, paciencia e un sinxelo remedio caseiro que te axudará a recuperar.

Ingredientes:
- limóns
- auga
- mel

Preparación:
Coce dous ou tres limóns en dous litros de auga. Déixaa que repouse. Cando estea morna, a cada vaso de auga, exprémelle medio limón e engádelle unha boa cullerada de mel. (Se non che gusta o mel, no canto dunha culler, unha culleriña). Proba e verás.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Que alegría de cores atopo na túa ventá neste frío luns!!
Seguirei os teus ricos consellos. Bicos

neves dijo...

Este teu traballo lévame a un libro infantil de imaxes co que contabamos na anterior Biblio e que recomendo: "Que tal, vexetal?"-Ed.Linteo. Polas fotos aprecias a expresión de sentimentos na "cara" dos alimentos. Tamén: "VegeTal como sientes"-Tuscania Ed.
Tan natural!!

Anónimo dijo...

A min creo que me cazou todo un exército de virus e non se quere rendir. Sigo as túas recomendacións pero a paciencia...cóstame. Estes días teño cara de laranxa depre como a da foto. A auga de limóns con mel está riquísima e axuda a limpiar. Graciñas.