viernes, 2 de enero de 2009

Ledicia

A estes piñeiros, quédalles moito por medrar. Ao 2009, tamén.
A finais do ano que acaba de rematar, desfrutamos de dúas nevaradas nas terras do Deza. A ver se se cumple o dito: Ano de neves, ano de bens. Nas dúas ocasións, saquei unha chea de fotos; é a miña debilidade. Gardei unha remesa delas para traer aquí, co gallo do comezo de ano. Xeralmente, asociamos as imaxes da neve co sentimento de alegría, con inesquecibles momentos de xogo, de volta á nosa nenez... Gústame compartir as cousas que a min me sentan ben, coas que gozo. Por iso, decidín dar a benvida ao ano novo con estas imaxes brancas. Tiña varias opcións para o título da entrada; recordei as agarimosas palabras que vós , con tanta amabilidade, "colgastes" na nosa árbore de Nadal. Unha delas era LEDICIA; alegría ou ledicia é o que eu máis vos desexo para andar o camiño nos próximos doce meses.

Calma
Xogo


Proxectos


Agarimo


Saúde


Paciencia


Esperanza


Firmeza


Optimismo

Esta vaquiña chamou a miña atención. Pois a pesar de ver como a súa verde parcela quedaba reducida a unha minúscula e circular pradeira, ela seguía a desfrutar placidamente do seu pasto, sen preocupación. Incluso tivo a xentileza de levantar a cabeza, un xeito de saudar, e así saír cunha pose xeitosa na foto. Dela debiamos copiar moitos de nós, que sempre nos estamos a queixar por nimiedades.


Descanso


Tenrura


Suavidade. Tolerancia.


Horizonte. Comprensión.


Desfrutade do camiño.

Francis Lai-Snow Frolic (xogando coa neve)

2 comentarios:

neves dijo...

Longa e boa serie, para convertir un "clima" frío en sensacións cálidas.-

Anónimo dijo...

Anda! Uns estupendos amigos para percorrer o novo ano.Todos son necesarios, dende a ledicia ata a comprensión. Que boa compaña!
As fotos moi chulas e moi apropiadas.Saúdos.