martes, 6 de enero de 2009

Comunicación

Hoxe tócalle o turno á palabra COMUNICACIÓN, outra aportación das que recibín.
Non acostumo a mercar demasiadas cousas innecesarias; aínda que, de vez en cando, caio na tentación. Quen non? Apetecíame ter unha colección de bonecas rusas, pero non lle facía a vez. Podía telas comprado en Santiago, sen ir máis lonxe. Non era algo imprescindible. Ademáis, o seu vivo e intenso colorido, facíame dubidar: e onde as vou colocar? O pasado verán, fun de viaxe a Londres. O último día da visita, mentras daba unha volta por Piccadilly Circus, atopei varias coleccións de matrioskas. Esta vez, deixeime levar polo impulso shopping e, por fin trouxen comigo as cinco bonequiñas. Desde aquela, comparten estante cunha colección de libros da Historia de Galicia e parecen estar a gusto, son ben cabidos. É a vantaxe que teñen de seren só cousas, obxectos: non lles supón esforzo algún levarse ben, a pesares de referirse a, ou proceder de culturas moi distintas. A nós, nalgunhas ocasións ou situacións, si que nos custa entendernos e comunicarnos con aqueles que son un pouco diferentes ou pensan doutro xeito.





Un conto precioso do escritor ruso Anton Chejov.


Unha deliciosa película baseada nas historias de Anton Chejov.

Francis Lai, autor tamén da música do film Ojos Negros.
(Non puiden traer a banda sonora desta película)

4 comentarios:

neves dijo...

RECIBIDO COMO UN DOS MÁIS BONITOS E VERDADEIROS AGASALLOS!!!

neves dijo...

"Mamá, dilles que son moi-moi-moi LINDAS!!!! E ponlle moitos MOI": Nora

Anónimo dijo...

Moitos MUAS para Nora.

Anónimo dijo...

Enlaces sobre enlaces e todos curiosamente ben enlazados.Comunicación, comprensión e entendemento,esas son asignaturas pendentes de enlazar.
Sigue comunicando.Un saúdo.